USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Unidades de Investigación
Catálogo de Grupos de Investigación
Investigadores
Centros e Institutos de Investigación
Departamentos
Servizos de apoio á investigación
Informes de I+D da USC

Servizos á Investigación
Servizos a investigadores
Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
XIII Encontro das Unidades de Xestión da Investigación das universidades españolas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Acordo incremento retributivo 2016 ao persoal contratado con cargo de activiades de I+D+i
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2017
RIGA
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación

Destacados
Prensa
Avisos
Eventos
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2018
Guía de Convocatorias
Calculadora de contratos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións
Novas
REXISTRO DE INVESTIGADORES
Rexistro de Investigadores Visitantes
Publicado: 06/03/2018

Lémbrase a todos os interesados que inviten a un/unha investigador/ra visitante que deberán comunicalo, previamente,  á Vicerreitoría con competencias en investigación,  a través da súa OIT Virtual e dentro do apartado "R.I.V. - Rexistro Investigadores Visitantes" - "Nova Solicitude".

Por outra banda, os alumnos que estean a cursar estudos de doutoramento noutras Universidades españolas ou en Universidades estranxeiras ou Investigadores que se incorporen temporalmente á USC, para realizar unha estadía de investigación e con tutela académica na USC, relacionada coa súa tese de doutoramento ou investigación, ben mediante Convenios de Intercambio (ORE ou outros centros da USC), ben por autorización da universidade de orixe do alumno para a realización da mesma, formalizarán unha matrícula de tutela académica na modalidade de "matrícula por estadía", polo período contemplado no respectivo convenio ou autorización.

Formalizarase a través do Servizo de Xestión Académica da USC, durante o curso académico, a través do Departamento ou Instituto, onde realizará a súa estadía, solicitado en todo caso sempre antes do inicio da mesma e independente da súa duración, cumprimentando o formulario de solicitude correspondente (Solicitude de matricula por estadía de investigación), que deberá ser avalado polo profesor/a que o tutela e polo Departamento ou Instituto Universitario da súa estadía temporal, e aportando os documentos necesarios para a súa formalización.

O alumno aboará os prezos públicos correspondentes á matrícula da tutela académica na modalidade de estadía, que permitirá o dereito de acceso aos diferentes servizos da USC durante a súa estadía. Tamén deberá aboar o seguro obrigatorio establecido polo Consello de Goberno de 26 de xuño de 2009.

A matrícula de estadía estará vixente dentro dos períodos establecidos no Calendario Oficial de Estudos da USC, debendo renovar a matrícula, se o alumno continúa nesta Universidade, ao finalizar un curso académico e comezar outro.

Polo tanto, todo investigador invitado á USC polos centros, departamentos, institutos, centros de investigación, estacións, grupos de investigación ou investigadores individuais da USC debe ser inscrito no Rexistro de investigadores, o que facilitará a xestión e evitará incidencias.

Santiago de Compostela, 06 de marzo de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación


<< Outros avisos

Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto