Formalities On-Line |  |
|
Press releases | CIQUS | O equipo de María Giménez contará cunha axuda do ERC para explorar o potencial de baterías máis sustentables | Published: 11/1/2021 | As baterías de zinc-aire son unha alternativa prometedora para dar solución a moitos dos inconvenientes asociados ás de ión de litio, particularmente en relación á súa sustentabilidade e seguridade. O proxecto ZABCAT, encabezado pola investigadora do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) María Giménez López, abordará a busca de novas baterías sustentables co apoio do European Research Council (ERC) a través das súas axudas ERC-Proof of Concept. A finalidade desta liña de axudas do organismo europeo de investigación é explorar o potencial comercial ou social dos proxectos financiados e achegalos ao mercado. Nesta quenda, a última de 2020, foron recoñecidos un total de 55 proxectos, sendo o da investigadora da USC o único para un equipo de España.
Máis información |
| | O catedrático da USC Ángel Carracedo liderará o maior programa de Medicina Xenómica de España | Published: 4/1/2021 | O director do grupo de Medicina Xenómica do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), Ángel Carracedo, coordinará dende Santiago o programa de Medicina Xenómica, un dos tres financiados na Infraestrutura de Medicina de Precisión asociada á Ciencia e Tecnoloxía (IMPaCT) da Acción Estratéxica en Saúde 2017-2020 do ISCIII. O programa, dotado con 7,25 millóns de euros, contempla a creación dunha rede de secuenciación de nova xeración de altas capacidades en todo o Estado asociada a unha estrutura que permita desenvolver tres proxectos piloto sobre enfermidades raras, cancro e farmacoxenética de biomarcadores de resposta a tratamentos en cancro e enfermidades psiquiátricas.
Máis información |
| | A USC é a sexta universidade española en captación de axudas do European Research Council | Published: 18/12/2020 | Preto de 21 millóns de euros, esa é a cantidade captada pola USC ao abeiro das convocatorias impulsadas polo European Research Council (ERC) entre os anos 2007 e 2020 nas modalidades Starting Grants, Consolidator Grants e Advanced Grants. A de Santiago é a sexta universidade española respecto ao total de axudas concedidas polo ERC, situándose só por detrás das universidades Pompeu Fabra, Barcelona, Autónoma de Barcelona, Valencia e Autónoma de Madrid. Ademais, sumando os fondos procedentes de tres axudas Proof of Concept e 2 axudas Synergy Grants, as outras modalidades do ERC, a cifra de recursos obtidos achégase aos 27 millóns de euros.
Máis información |
|
|
Distribution list | The vicechancellorship sends information of interest for researchers through the USC-INVESTIGACION distribution list. Help and support
This Web also has at your disposal a RSS channel where you can find the lastest updates.
|
|