Xestións On-Line |  |
|
Notas de Prensa | CIQUS | Manuel Nappi, premiado nos "Thieme Chemistry Journals Award 2023" | Publicado: 17/1/2023 | A editorial Thieme Chemistry acaba de conceder o galardón "Thieme Chemistry Journals Award 2023" a Manuel Nappi, investigador junior do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS). O premio outórgase anualmente a científicos que se atopan na etapa inicial da súa carreira como investigadores independentes e que comezan a destacar no campo da química orgánica.
Máis información |
| I+D | O Meteorito de Traspena xa pode visitarse no Museo de Historia Natural | Publicado: 17/1/2023 | O 18 de xaneiro de 2021, unha gran bola de lume cruzou os ceos galegos. Tratábase dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 75 quilómetros de altura cunha velocidade de 15 Km/s e que produciu un meteorito de 527 gramos. Dende este venres, 13 de xaneiro, este fragmento de corpo celeste pode visitarse na Sala dos Meteoritos do Museo de Historia Natural (MHN), logo de ser presentado nun acto presidido polo reitor Antonio López e que contou coa participación do vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri; do director do MHN, Marcos A. González González; do director do Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" da USC, José A. Docobo Durántez; e do profesor da Área de Astronomía e Astrofísica da USC, Manuel Andrade Baliño.
Máis información |
| I+D | A decana de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, recolleu o premio María Josefa Wonenburger 2022 | Publicado: 21/12/2022 | A decana da Facultade de Matemáticas da USC, María Elena Vázquez Cendón, recibiu este martes 20 o premio María Josefa Wonenburger 2022 polas súas investigacións e polo seu traballo divulgativo coas xeracións máis novas. “É o corolario a un traballo feito”, afirmou a profesora da USC logo de coñecer a nova da concesión. “Sinto moita alegría e gratitude”, sinalou. A decana recolleu o premio de mans da conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza, e do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo. Ao acto tamén asistiu o reitor Antonio López.
Máis información |
|
|
Lista de distribución | El Vicerrectorado envía puntualmente información de gran interés para los investigadores a través de la lista de distribución USC-INVESTIGACION. Ayuda y soporte
Esta web dispone igualmente de un Canal RSS que recoge las últimas actualizaciones.
|
|