A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) entregou este mércores 1 os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 aos investigadores da USC que lograron modificar moléculas individuais, un achado con múltiples aplicacións na medicina e na industria, como a distribución intelixente de fármacos. O proxecto que foi premiado na modalidade de investigadores sénior recaeu no equipo liderado por Diego Peña, do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), xunto a investigadores de IBM en Zúric e das Universidades de Oxford, King Abdullah de Arabia Saudita e Regensburg (Alemaña).
Máis información |
Un novo artigo publicado na revista People and Nature aborda a necesidade de entender mellor o sistema alimentario de diversas especies de cefalópodos, como os polbos, os chocos e as luras, explorando as conexións entre as contribucións da natureza ás persoas, as políticas do sistema alimentario e o benestar humano. O traballo, asinado por un grupo de once autores liderados por persoal do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS), realizou unha revisión bibliográfica global de traballos vinculados aos factores do mercado que inflúen na captura, comercio e consumo do sistema alimentario dos cefalópodos. Os investigadores do CRETUS Gill Ainsworth, Pablo Pita, Sebastián Villasante e Katina Roumbedakis evidencian neste traballo que os cefalópodos achegan beneficios á natureza e ás persoas.
Máis información |