USC » Investigación
Recursos de Investigación
Unidades de Investigación
Catálogo de Grupos de Investigación
Investigadores
Centros e Institutos de Investigación
Departamentos
Servizos de apoio á investigación
Informes de I+D da USC

Servizos á Investigación
Servizos a investigadores
Financiamento á investigación
Proxectos Internacionais de I+D+i
Contratación de I+D+i (Empresas,Administracións,...)
Servizo de Xestión de Actividades de I+D (Xestión Económica de I+D)
Produción Científica
Ofertas de Emprego en I+D
Guía de Convocatorias
Comité de Bioética
OIT Virtual
Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
XIII Encontro das Unidades de Xestión da Investigación das universidades españolas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Acordo incremento retributivo 2016 ao persoal contratado con cargo de activiades de I+D+i
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2017
RIGA
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación

Destacados
Prensa
Avisos
Eventos
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2018
Guía de Convocatorias
Calculadora de contratos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións
Notas de Prensa
I+D
Investigadores do grupo NeuroObesidade demostran por vez primeira o mecanismo dunha hormona sexual feminina na activación da graxa parda
Publicado: 10/10/2018

Isamel González desenvolve na actualidade estudos posdoutorais no Helmholtz Zentrum de MunichO grupo de NeurObesidade da USC acaba de describir por vez primeira o mecanismo de acción do estradiol –a principal hormona sexual feminina- no hipotálamo para controlar de maneira remota a termoxénese da graxa parda. O tecido adiposo pardo (graxa parda) é o que non almacena lípidos (ao contrario que a graxa branca) senón que os ‘queima’ a través dun proceso no que se xera calor (termoxénese). Por exemplo, cando o sistema nervioso central interpreta que o organismo se atopa nun ambiente frío desencadea como resposta unha activación da termoxénese da graxa parda para incrementar a temperatura corporal, aclara Ismael González García, primeiro autor do traballo que acaba de ver a luz na revista Cell Reports.

Máis Información.


I+D
A catedrática Alicia Estévez Toranzo gaña o premio Wonenburguer 2018
Publicado: 2/10/2018

Alicia Estévez ToranzoA catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago Alicia Estévez Toranzo acaba de gañar o premio Wonenburguer 2018 que concede a Unidade da Muller e Ciencia. A microbióloga pontevedresa dirixe, xunto a Juan Luis Barja, o grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC, un dos principais grupos de referencia competitiva de Galicia no que traballa unha trintena de persoas.

Máis Información.


I+D
Constatan a minimización do impacto ambiental grazas aos últimos avances no tratamento e valorización dos residuos sólidos
Publicado: 25/9/2018

Isabel NoyaO crecemento global da poboación e do seu poder adquisitivo xunto ao aumento nas taxas de urbanización supoñen serios desafíos para os sectores implicados na xestión de residuos, nun tempo en que os recursos naturais necesarios para satisfacer a crecente demanda de servizos son cada vez máis limitados. Esta situación pon de manifesto a necesidade de establecer patróns de produción e consumo sostibles, á vez que mitigar os seus efectos derivados e garantir a protección ambiental e a saúde humana.

Diante desta situación, Isabel Noya López investigou na súa tese de doutoramento distintas alternativas, en consonancia coa Estratexia Europea de Economía Circular, para o peche do ciclo dos refugallos do sector agrícola e urbano, mediante a súa transformación en novas materias primas. O traballo, titulado ‘Sustainability diagnosis of alternative technologies for the management of agri-food and urban waste’ dirixíronllo a profesora María Teresa Moreira e a doutora Sara González, do grupo de investigación de Biotecnoloxía Ambiental do Departamento de Enxeñaría Química (Biogroup).

Máis Información.


Avisos
Resolución definitiva das concesións das Axudas Xerais á investigación 2018
Procedemento de presentación de solicitudes
Convocatorias
Convocatoria X premio Iberoamericano en Ciencias Sociais
XVII edición dos Premios Fundación TALGO á Innovación Tecnolóxica
X Premio Cátedra UAM - Accenture en Economía e Xestión da Innovación 2018
Eventos
Curso OEPM-UB sobre patentes e modelos de utilidade 2018
XXVII Curso de Posgrao Formación de Especialistas en Investigación Social Aplicada e Análise de Datos
Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica? Segundo debate de Regueifas de Ciencia 2018
Lista de distribución
A Vicerreitoría envía puntualmente información de gran interese para os investigadores a través da Lista de Distribución

Esta web dispón igualmente dunha Canle RSS que recolle as últimas actualizacións.


Campus Vida
Horizonte2020
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Axencia Galega de Innovación
Ministerio de Economía y Competitividad
Proxecto TRIPTOLEMOS TECHTRANSFER: “Soluciones versus Retos”
Logotipo da Asociación de Antigos Alumnos
Alumni USC
Logotipo do campUSCulturaeLogotipo do Grupo CompostelaLogotipo do CRUELogotipo do HRS4RLogotipo de UnitendaLogotipo da Rede EmprendiaLogotipo de UniversiaLogotipo do Campus do Mar 
Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto