¿Cómo integrar varios grupos de investigación nun grupo (novo ou xa existente)?
Recoméndase non crear un grupo novo senón integrarse nun existente, deste xeito os datos relativos a liñas de investigación, servizos, codificacións,... asociados ao grupo non terán que ser cubertos totalmente senón completados ou modificados parcialmente.
Dar de baixa os grupo/os de investigación:
O coordinador/es do grupo/os a dar de baixa deberá acceder á OIT VIRTUAL => Xestión de Grupos - Inv.Individuais => Actualizar a ficha do grupo =>Outros => Solicitude de baixa do Grupo de Investigación. A aplicación web xerará un documento en formato pdf que deberá imprimirse e asinarse por todos os membros do grupo listados no impreso. Unha vez asinada esta solicitude deberá ser remitida á oficina da OIT. Unha vez recibida a solicitude na OIT procederase a dar de baixa o grupo (o coordinador recibirá un e-mail confirmando a baixa). Desde este momento os investigadores quedarán “libres” e poderán integrarse noutro grupo de investigación (novo ou xa existente)
Integrar os membros do grupo/os dados de baixa no grupo novo (novo ou xa existente)
Se se crea un novo grupo:
O IP que vaia actuar como coordinador do grupo de investigación terá que acceder á OIT VIRTUAL => solicitar alta de grupo, e seguir o asistente para a solicitude de alta.
Se se modifica un grupo xa existente:
O coordinador do grupo que permaneza activo deberá acceder á OIT VIRTUAL => Xestión de Grupos - Inv.Individuais => Actualizar a ficha do grupo => Solicitude de alta-baixa de membro/IP. E dar de alta aos novos membros. Unha vez dados de alta todos os novos membros se procederá a enviar a solicitude (facendo click no botón de Enviar solicitude). A aplicación web xerará un documento en formato pdf que deberá ser asinado polo coordinador e todos os membros dados de alta, esta solicitude deberá ser remitida á oficina da OIT. Unha ver recibida e tramitada a solicitude o coordinador recibirá un email confirmando a inclusión dos novos membros no grupo de investigación.