Contratos de investigación da USC
NovidadesEsta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias. Axudas Axudas Investigación ERC 2021
Estado: Aberta Resume: As axudas xestionadas polo Consello Europeo de Investigación (en diante ERC do seu nome en inglés, European Research Council) apoian ao persoal investigador de calquera nacionalidade que desexe realizar investigación na fronteira do coñecemento en calquera entidade ou organismo de investigación dos 27 Estados Membros da Unión Europea e países asociados ao Programa Marco da UE. A tal fin o ERC conta, entre outras, coas seguintes modalidades de axudas,
- ERC Starting Grant (StG): dirixida a apoiar ao persoal investigador, con entre dous e sete anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, para a creación do seu propio equipo de investigación independente. - ERC Consolidator Grant (CoG): enfocada a apoiar ao persoal investigador, con entre máis de sete e até doce anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, co fin de consolidar o seu propio equipo de investigación independente. - ERC Advanced Grant (AdG): para apoiar ao persoal investigador activo cun historial de logros científicos salientable nos últimos 10 anos e que lideren proxectos excelentes e altamente innovadores nos seus respectivos campos de investigación. - ERC Synergy Grant (SyG): cuxo obxectivo é apoiar proxectos de investigación na fronteira do coñecemento que estean liderados por entre 1 a 4 investigadores/as principais que traballan conxuntamente e de xeito complementario para o seu desenvolvemento.
Información da convocatoria Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas á publicación en aberto 2021
Estado: Aberta Resume: Esta convocatoria interna ten por obxecto mellorar a presenza da Universidade nos rankings internacionais incentivando a publicación en aberto nas máis prestixiosas publicacións do JCR, Scopus e outras bases de datos de recursos bibliográficos electrónicos de referencia, como CIRC, clasificación integrada de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 31/10/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Contratos laborais Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral 2021
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: No Diario Oficial de Galicia do día 27 de xaneiro de 2021 publicouse a orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación predoutoral 2021. Entidade Convocante: Consellería de Cultura, Educación e Universidade Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 01/03/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria Pública Ordinaria 1/2021 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 18/02/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Outras Accións Subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convención, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia
Estado: Aberta Resume: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións que fomenten e promocionen a actividade congresual en Galicia, e proceder á súa convocatoria para os anos 2021-2022 (código de procedemento TU403A).
As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas poderán ser cofinanciadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), caso en que deberán cumprirse as obrigas específicas e demais disposicións que se establecen ao respecto nestas bases reguladoras.
DOG Entidade Convocante: Xunta de Galicia Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 17/03/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Avaliación da Produción Científica 2018-2019. Resultados
Estado: Aberta Resume: Avaliación da Produción Científica 2018-2019 Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios Convocatoria da XIV edición premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento
Estado: Aberta Resume: Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento constan das seguintes categorías:
1. Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas).
2. Bioloxía e Biomedicina.
3. Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
4. Ecoloxía e Bioloxía da Conservación.
5. Cambio climático.
6. Economía, Finanzas e Xestión de Empresas.
7. Humanidades e Ciencias Sociais.
8. Música e Ópera. Entidade Convocante: Fundación BBVA Publicado en: Boletín Oficial do Estado Prazo: 30/06/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia ano 2021
Estado: Aberta Resume: A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades: • Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). • Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). • Modalidade C: Proxectos de excelencia.
DOG Entidade Convocante: Consellería de Cultura, Educación e Universidade Publicado en: Diario Oficial de Galicia Prazo: 16/03/2021 Ligazón de interese: Abrir páxina
|