Repercusión da nova nos medios de comunicación escritos
Notas de Prensa
I+D
Nanobiocatalizadores para un mundo máis sustentable
Publicado: 27/5/2020
Unha investigación desenvolvida pola enxeñeira química Yolanda Moldes do Instituto CRETUS e do grupo de Biotecnoloxía Ambiental do Departamento de Enxeñería Química, estudou o uso de diferentes nanobiocatalizadores magnéticos para eliminar contaminantes emerxentes de augas residuais e para a produción de plásticos verdes. O traballo, orientado cara a sustentabilidade e que contou coa colaboración do grupo Nanomag da USC, tamén incorpora o deseño dun reactor que conta cun sistema de retención eficaz do nanobiocatalizador magnético.