Repercusión da nova nos medios de comunicación escritos
Notas de Prensa
I+D
Deseñan novos métodos para a identificación de contaminantes emerxentes en augas superficiais costeiras e fluviais
Publicado: 23/3/2022
A mellora e deseño de novos métodos de identificación dos contaminantes emerxentes presentes nas augas superficiais costeiras e fluviais de Galicia e do Norte de Portugal é un dos principais avances acadados polo proxecto europeo Nor-Water, no que intervén a USC e que tamén permitiu desenvolver ferramentas para mitigar a presenza destes compostos nos ecosistemas. De feito, os resultados do proxecto permitirán implantar medidas de xestión ambiental para mitigar a presenza destes elementos e mellorar a eficiencia das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de Galicia e do norte de Portugal.