Xestións On-Line |  |
|
Notas de Prensa | I+D | Unha investigación do CiQUS, elixida como unha das mellores teses de doutoramento do mundo en 2021 | Publicado: 19/5/2022 | A tese da investigadora do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), Soraya Learte, acaba de ser considerada como unha das mellores do mundo de 2021 en química. Así o acaba de anunciar a Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e o grupo químico internacional Solvay na resolución dos seus premios internacionais para mozos e mozas químicos do presente ano. Ademais, a mesma tese foi premiada tamén pola Real Sociedade Española de Química como a mellor tese do 2021 na especialidade de Química Biolóxica.
Máis información |
| I+D | A USC, primeira universidade de España en Ciencias Ambientais | Publicado: 12/5/2022 | O portal Research.com acaba de situar a USC como a primeira universidade de España no eido das ciencias ambientais. Esta clasificación baséase no estudo do índice h do persoal investigador a partir dos datos extraídos de Microsoft Academic Graph ata o 6 de decembro de 2021. En concreto, a listaxe que acaba de ver a luz é froito da análise de 166.880 perfiles investigadores. De acordo con esta clasificación, a USC ocupa o posto 110 a nivel mundial nesta área de coñecemento e conta con 13 investigadores e investigadoras destacados neste ámbito.
Máis información
|
| CIMUS | María José Alonso recolle o Premio Nacional de Investigación 2021 | Publicado: 9/5/2022 | “Temos que ter sempre presente que o noso traballo debe ter unha repercusión social”. Así o afirmou a catedrática da USC María José Alonso no acto de entrega do Premio Nacional Juan de la Cierva na área de Transferencia de Tecnoloxía. Alonso recolleu este xoves de mans do rei Felipe VI, este Premio Nacional de Investigación que outorga o Ministerio de Ciencia e Innovación e que recoñece “a excelencia da súa traxectoria científica no ámbito da nanomedicina, así como a súa importante contribución para a adecuada e equilibrada transferencia de tecnoloxía e coñecemento”. O reitor Antonio López tamén estivo presente no acto.
Trátase dun premio “ao esforzo de máis de tres décadas de traballo, así como ás máis de cen persoas que teñen traballado no meu grupo de investigación durante todo este tempo”, explicou María José Alonso, á fronte do grupo Nanobiofar do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS). “Este é un premio dun nivel extraordinario que lle outorga unha maior visibilidade á nosa capacidade e ao noso empeño, ademais de abrir novas perspectivas de colaboración”, engadiu. “A namomedicina é un ámbito transversal que permite a colaboración con outros grupos e coa industria. A difusión que implica este premio pode abrirnos novas portas como grupo, así como ás persoas que integran o meu equipo de traballo”.
Máis información |
|
|
Lista de distribución | A Vicerreitoría envía puntualmente información de gran interese para os investigadores a través da lista de distribución USC-INVESTIGACION. Axuda e soporte
Esta web dispón igualmente dunha Canle RSS que recolle as últimas actualizacións.
|
|