Xornadas
Xornada sobre Valorización de Resultados de Investigación: Fondos "Proof of Concept"

Ante as numerosas consultas recibidas en relación á Xornada sobre Valorización de Resultados de Investigación: Fondos “Proof of Concept”,  que terá lugar o próximo luns día 21 de maio no salón de actos da ETSE, informamos a todas aquelas persoas interesadas na mesma que o pago da inscrición cubre unicamente a participación na comida e á cea da xornada pero a asistencia ás sesións da mesma é totalmente gratuíta para todos os membros da comunidade USC, previa formalización da correspondente solicitude.

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da Universidad de Santiago de Compostela, en colaboración con Uninova (incubadora de empresas da USC), organiza esta xornada que presenta un abanico de iniciativas que teñen por obxectivo madurar resultados de investigación (coñecidos habitualmente como fondos “proof of concept”) coa finalidade de facilitar a súa transferencia.

A Universidade de Santiago de Compostela incorporou no seu proxecto de Campus de Excelencia Internacional, Campus Vida, unha acción destinada a financiar proxectos que avancen na demostración del potencial comercial e utilidade dos resultados da investigación, posibilitando a captación de inversores e desenvolvedores que completen o proceso de transferencia.

Algunhas das experiencias presentadas nesta xornada serviron de inspiración e referencia para o deseño e implementación deste novo programa na USC, e se pretende aquí compartir esta información con outros potenciais interesados para que poida constituír o punto de partida de novas iniciativas que contribúan a mellorar os procesos de transferencia de coñecemento.

DIRIXIDA a responsables e técnicos de transferencia, investigadores interesados en procesos de transferencia, responsables de políticas de transferencia e valorización, e en xeral profesionais interesados na maduración de resultados de investigación.

Cota de inscrición: 100 euros [desconto do 50% para membros da comunidade da USC].

Programa: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/eventos/xornada_valorizacion_2012).pdf

Formulario Inscrición: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/eventos/formulario_inscricion_val2012.doc

Máis información: +34 881 815 596 / +34 881 815 593 / rosamaria.sanchez@usc.es


Documentación da Xornada:
  • Listado de asistentes (pdf)
  • Reseñas curriculares (pdf)
  • Verdades y mentiras sobre la investigación y la transferencia de conocimiento (pdf)
  • Experiencias internacionales. Harvard (pdf) y Oxford (pdf)
  • Experiencias en universidades españolas. Barcelona (pdf) y Jaume I (pdf)
  • Las fundaciones y la maduración de resultados. Fundación Botín (pdf) y Fundación Barrié (pdf)



Data do Evento: 21/05/2012-21/05/2012
Lugar:Salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) Campus Vida Universidade de Santiago de Compostela
Organiza:A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC e Uninova
http://www.uninova.org/ga/eventos.asp?id=83