Xestións On-Line |  |
|
Notas de Prensa | I+D | Un cento de docentes asiáticos recibe formación da USC en materia de Big Data e Intelixencia Artificial | Publicado: 21/6/2022 | Os profesores da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC, David E. Losada Carril e Tomás Fernández Pena, acaban de impartir un curso intensivo en materia de Big Data e Intelixencia Artificial (IA) na International Information Technology University (IITU), en Casaquistán, ante máis de medio cento de docentes dese país. O obxectivo do proxecto Erasmus + Elba, dotado con preto dun millón de euros e no que se integra esta actividade formativa, é profundar no desenvolvemento de novas competencias en tecnoloxías innovadoras no campo da IA que aborda o tratamento de inxentes cantidades de datos.
Máis información |
| I+D | A USC, entre as universidades españolas con maior rendemento en I+D, taxa de éxito académico e transferencia | Publicado: 16/6/2022 | A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense entre as universidades españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licencias, publicacións internacionais con elevado nivel de citacións e publicacións con empresas, así como en captación e liquidación de fondos, segundo se deprende do último ránking sobre as universidades españolas que vén de publicar a Fundación CYD (Coñecemento e Desenvolvemento) e no que se recollen datos do conxunto de España, por comunidades e universidades. De feito, na elaboración deste estudo está incluídos datos de 79 universidades públicas e privadas ao tempo que se analizan resultados de 28 ámbitos de coñecemento e 3.052 titulacións.
Máis información |
| I+D | A USC mantense entre as mellores universidades do mundo, segundo o QS World University Ranking 2023 | Publicado: 10/6/2022 | O QS World University Ranking 2023 acaba de situar a USC no chanzo 751-800 dunha listaxe integrada por 1.422 universidades de todo o mundo e logo de avaliar un total de 2.462 institucións académicas. Ademais, a de Santiago é unha das 31 universidades de España que lograron entrar nesta clasificación. De todos os aspectos analizados, o eido relativo ás redes internacionais de investigación, seguido da reputación académica, son os sectores nos que a USC obtén unha mellor cualificación.
Máis información |
|
|
Lista de distribución | El Vicerrectorado envía puntualmente información de gran interés para los investigadores a través de la lista de distribución USC-INVESTIGACION. Ayuda y soporte
Esta web dispone igualmente de un Canal RSS que recoge las últimas actualizaciones.
|
|