USC » Investigación » Investigadores » Guía
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación
ACCESO A NOVA WEB DE INVESTIGACIÓN (Apoio ao persoal investigador, xestión, convocatorias, financiamento, etc.)



Destacados

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Guía de Convocatorias

Proxectos » Ámbito Nacional


Axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial correspondentes ao ano 2025

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume:

As axudas convocadas e publicadas no BOE, teñen por obxecto a realización de proxectos de documentación, investigación, transmisión, perpetuación, difusión e promoción do Patrimonio Cultural Inmaterial.

As entidades solicitantes deberán achegar como financiamento propio ao proxecto polo menos o 10% do custo total do mesmo declarado na memoria.

Subcontratación: Os beneficiarios poderán concertar con terceiros a execución da actividade subvencionada: ata un límite do 50% do importe da actividade subvencionada, sumando os prezos de todos os subcontratos. Con todo, cando concorran circunstancias que así o xustifiquen e previa solicitude do beneficiario, o titular da Subsecretaría de Cultura poderá autorizar, de forma singular, a subcontratación de ata o 100% do importe da actividade subvencionada.

Prazo de presentación en sede por parte do Representante Legal: ata 29 de maio. Tendo en conta que esta convocatoria só permite a presentación dun proxecto por entidade, os interesados deberán cumprimentar unha declaración de interese na seguinte ligazón declaración interese. O prazo para a cumprimentación remataría o próximo mércores 21 (14:00 h).

Unha vez rematado o prazo para cumprimentar a declaración, contactaríamos coas persoas interesadas para indicarlles o procedemento a seguir.


Entidade Convocante: Ministerio de Cultura
Publicado en: Boletín Oficial do Estado
Prazo: 29/05/2025
Ligazón de interese: Abrir páxina


Voltar

Vicerreitoría de Política Científica | imaisd@usc.gal | Contacto