Guía de Convocatorias
NovidadesEsta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias. Axudas Axudas á investigación da universidade de santiago de compostela para a realización de proxectos, destinados ao desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero, para o ano 2024
Estado: Pechada Resume: Convocatoria de axudas á investigación da universidade de Santiago de Compostela para a realización de proxectos, destinados ao desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero, para o ano 2024 Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 08/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Contrato predoutoral financiado pola Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas 2024
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente resolución, que se realiza en réxime de concorrencia competitiva, é a de promover a formación de investigadores predoutorais que realicen unha tese de doutoramento nalgún dos programas de doutoramento ofertados pola (USC). Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 24/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Contratos laborais Convocatoria Pública Ordinaria 13/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 15/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria Pública Ordinaria 11/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Aberta Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 01/08/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Mobilidade Fundación CRIS contra el cáncer: Financiamento de estadías curtas en forma de congresos
Estado: Aberta Resume: A Fundación CRIS de investigación para vencer el cáncer en colaboración coa Red de Asociaciones de Investigadores y Científicos Españoles en el Exterior (RAICEX) lanzou o programa que financia a participación activa en congresos clave en España que versen sobre o cancro de dous membros de RAICEX que investiguen sobre esta temática e que se atopen actualmente na diáspora.
A dotación cubre un máximo de 5.000€ que inclúe gastos de inscrición, transporte e aloxamento. A estancia debe ter unha duración máxima dunha semana. Os congresos deben celebrarse entre setembro de 2024 e agosto de 2025. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 01/09/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Axudas de mobilidade internacional España/Brasil
Estado: Aberta Resume: A Asociación de Científicos Españoles en Brasil (ACEBRA) presentou unha liña de axudas de mobilidade internacional entre España e Brasil para os membros de ACEBRA. Estas bolsas están dirixidas a persoal investigador residente en Brasil ou en España que busque colaboracións con outros investigadores e institucións de ambos países. As becas financiarán os gastos da pasaxe e das dietas cunha dotación máxima de 13.000,00 reais. Cada plan de traballo debe ter unha duración mínima de 30 días. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 31/07/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Outras Accións II Edición: Programa de retorno do talento 2024
Estado: Aberta Resume: Un dos obxectivos dos fundadores foi o de atraer e reter o talento en España, principalmente enviando aos máis brillantes e capaces ao exterior para enriquecer a masa científica e cultural española.
Na actualidade, os programas de bolsas da nosa Fundación conseguiron que moitos mozos con ambición de adquirir eses coñecementos no exterior poidan facelo. Con todo, a unha proporción elevada dos científicos que saen do noso país resúltalles difícil retornar a España, ao non atopar as condicións adecuadas para a realización das súas actividades.
Por iso, o Padroado da Fundación Ramón Areces considerou oportuno promover un programa innovador para o retorno a España de científicos xa consolidados no estranxeiro coa finalidade de que poidan desenvolver un proxecto de investigación relevante durante un período de cinco anos integrándose nunha Institución pública de investigación española (“Programa de Retorno do Talento”). Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 16/09/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos Axudas á Investigación Ignacio H. de Larramendi de Fundación MAPFRE 2024
Estado: Aberta Resume: Indica Fundación MAPFRE no seu sitio web: «Con esta iniciativa, en Fundación MAPFRE damos apoyo a la investigación porque creemos firmemente que es el medio para mejorar la calidad de vida de las personas que conforman nuestra sociedad». A edición deste ano 2024 está dotada cun total de 265.000 euros co obxecto de facilitar apoio económico para a realización de proxectos de investigación nas áreas de Promoción da saúde e Seguro e previsión social. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 07/10/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
|