USC » Investigación » Prensa
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación
ACCESO A NOVA WEB DE INVESTIGACIÓN (Apoio ao persoal investigador, xestión, convocatorias, financiamento, etc.)



Destacados

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Referencias na Prensa á Investigación na USC

Co obxectivo de que a sociedade coñeza a utilidade do labor investigador da Universidade de Santiago, e tamén que a industria identifique á Institución como socio con experiencia e prestixio na realización de proxectos científico-tecnolóxicos, a OIT inclúe nas súas actividades a divulgación da investigación desenvolvida na USC.

Notas de Prensa
I+D
A USC consegue cinco axudas europeas Marie Curie, o que a sitúa entre as primeiras institucións do Estado
Publicado: 21/2/2025

A Universidade de Santiago conseguiu cinco axudas na última convocatoria europea ‘Marie Sklodowska Curie’. En concreto, 3 serán para o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), unha para o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) e outra máis para o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

ver noticia


CIQUS
A traxectoria científica de Diego Peña recibe o recoñecemento da Real Sociedade Española de Química
Publicado: 6/11/2023

imaxe de arquivoO profesor da USC Diego Peña Gil, pertencente ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), acaba de ser distinguido pola Real Sociedade Española de Química (RSEQ) co Premio á Excelencia Investigadora que recoñece a súa traxectoria científica e capacidade de liderado. Peña Gil recolleu o galardón nun acto que se desenvolveu no Paraninfo da Universidade de Sevilla.

Máis información


I+D
Un equipo de investigadores logra describir a evolución dos asentamentos humanos en España entre 1900 e 2020
Publicado: 6/11/2023

imaxe de arquivoUn equipo integrado por investigadores da USC, da Fundación para a Investigación do Clima, así como das universidades de Colorado Boulder e de Southern California, acaban de procesar as pegadas de doce millóns de construcións para describir a evolución dos asentamentos humanos en España entre os anos 1900 e 2020. Así, entre as conclusións que achega o artigo ‘HISDAC-ES: historical settlement data compilation for Spain (1900–2020)’, publicado na revista Earth System Science Data, evidénciase que a cota de superficie construída en Madrid evolucionou do 1,6% en 1900 ao 6,5 en 2020, mentres que no caso de Castela e León a porcentaxe diminuíu, pasando do 21% ao 11%. O resultados obtidos poderían servir para modelar a influencia do crecemento urbano no clima.

Máis información


CIQUS
O CiQUS busca mellorar a eficacia e seguridade dos tratamentos con células CAR-T en tumores sólidos
Publicado: 22/6/2023

imaxe de arquivoPersoal investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) participa en CAR T-REX, un novo proxecto europeo financiado con 2,7 millóns de euros polo Consello Europeo de Innovación (EIC), que busca mellorar a eficacia e seguridade dos tratamentos con células CAR -T en tumores sólidos. Marisa Juanes e Alberto Fuertes do equipo de TraffikGene encargaranse de desenvolver o sistema de transporte que permita introducir ácidos nucleicos en linfocitos T, co obxectivo de que estas células inmunitarias poidan manterse activas no microambiente tumoral.

Máis información


Buscador Prensa
Nos últimos seis anos tense difundido información sobre máis de 300 proxectos e liñas de investigación que supuxeron máis de 800 páxinas completas dedicadas á investigación na USC.

As notas de prensa orixinais que deron lugar a esta información nos xornais poden ser consultadas no seguinte buscador:








Lista de distribución
A Vicerreitoría envía puntualmente información de gran interese para os investigadores a través da lista de distribución USC-INVESTIGACION.
Axuda e soporte

Esta web dispón igualmente dunha Canle RSS que recolle as últimas actualizacións.


Vicerreitoría de Política Científica | imaisd@usc.gal | Contacto