USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2020
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de erros do regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións
Avisos
AVALIACIÓN DA BIODIVERSIDADE TERRESTRE ESPAÑOLA
Convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a avaliación da biodiversidade terrestre española 2020
Publicado: 20/02/2020

Perante a limitación no número máximo de propostas por entidade, a Vicerreitoría de Investigación e Innovación, a través da Área de Xestión e Valorización da I+D, precisa ter información detallada das posibles propostas nas que haxa participación da USC co fin de proceder, a unha axeitada selección da iniciativa a presentar pola USC.

Co fin de axilizar a selección da proposta a presentar pola USC, pregamos que aqueles investigadores que teñan previsto ou estean interesados en participar nesta convocatoria que remitan a súa idea de proxecto segundo o modelo de proposta dispoñible no seguinte enlace (Ficha da convocatoria) antes do 27 de febreiro de 2020 ao seguinte enderezo: investigacion.colaborativa@usc.es

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

AVALIACIÓN DA BIODIVERSIDADE MARIÑA EN ESPAÑA 2020
Convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a avaliación da biodiversidade mariña en España 2020
Publicado: 20/02/2020

Perante a limitación no número máximo de propostas por entidade, a Vicerreitoría de Investigación e Innovación, a través da Área de Xestión e Valorización da I+D, precisa ter información detallada das posibles propostas nas que haxa participación da USC co fin de proceder, a unha axeitada selección da iniciativa a presentar pola USC.

Co fin de axilizar a selección da proposta a presentar pola USC, pregamos que aqueles investigadores que teñan previsto ou estean interesados en participar nesta convocatoria que remitan a súa idea de proxecto segundo o modelo de proposta dispoñible no seguinte enlace (Ficha da convocatoria) antes do 27 de febreiro de 2020 ao seguinte enderezo: investigacion.colaborativa@usc.es

 Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

AXUDAS BEATRIZ GALINDO 2020
Convocatoria de selección de curricula por concurso público de méritos para concorrer á Convocatoria das axudas Beatriz Galindo 2020
Publicado: 20/02/2020

Ven de publicarse no taboleiro da USC a convocatoria de selección de curricula por concurso público de méritos co fin de que as 9 persoas que acaden maior puntuación na modalidade junior e 6 persoas na modalidade senior poidan concorrer á Convocatoria das axudas Beatriz Galindo para o exercicio 2020.

Formulario sede electrónica

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA ANO 2020
Procedemento de Presentación das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia ano 2020
Publicado: 18/02/2020

Infórmase a todas as persoas interesadas do Procedemento de Presentación das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia ano 2020.

Pódese atopar a información no seguinte enlace:

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN PREDOUTORAL
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral do SUG Modalidade A e B
Publicado: 12/02/2020

No Diario Oficial de Galicia o día 06 de febreiro de 2020 publicouse a orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación predoutoral modalidade A e B. Rógase que extreme o coidado e cumprimente o formulario ED481A que é o correspondente ás universidades.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2020
A Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] máis

AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE PROFESORADO UNIVERSITARIO (FPU)
Relación provisional de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU)
Publicado: 12/02/2020

Con data 11 de febreiro saiu na páxina web do Ministerio de Universidades a relación provisional de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU).

Ver resolución

Máis infomación

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2020
A Oficina de Investigación e Innovación
[+] máis

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN PERSOAL INVESTIGADOR DISTINGUIDO
Resolución reitoral de preselección persoal investigador distinguido
Publicado: 05/02/2020

Con data de hoxe, 5 de febreiro de 2020, publícase a resolución do procedemento de preselección de persoal investigador distinguido, a través do anuncio que figura a continuación: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/85861/carga.htm

Santiago de Compostela, 05 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN PERSOAL INVESTIGADOR DISTINGUIDO
Proposta de preselección persoal investigador distinguido
Publicado: 04/02/2020

Con data de hoxe, 4 de febreiro de 2020, publícase a proposta de resolución, no procedemento de preselección de persoal investigador distinguido, a través do anuncio que figura a continuación: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/85837/carga.htm.

Santiago de Compostela, 04 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN PERSOAL INVESTIGADOR DISTINGUIDO
Corrección de Erros da Resolución do 2 de xaneiro de 2020
Publicado: 22/01/2020

Con data de hoxe, publicase no taboleiro electrónico a Corrección de Erros da  Resolución do 2 de xaneiro de 2020, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca a preselección por concurso público de méritos, para poder concorrer á vindeira Convocatoria da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/75750/carga.htm

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES COLABORADORAS DA REDE EUSUMO
Subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social
Publicado: 22/01/2020

No día de hoxe saiu publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde do 10 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021. (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200122/AnuncioG0424-191219-0004_gl.pdf)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de febreiro de 2020.

O PRAZO INTERNO DA USC É O 15 DE FEBREIRO ÁS 14 HORAS, fora desa data non se pode garantir a presentación de solictudes en prazo.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

ESTADÍA DE INVESTIGACIÓN
Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia
Publicado: 09/01/2020

Segunda relación das persoas investigadoras que van realizar una estadía de investigación no 2020 financiada ao abeiro da convocatoria de axudas predoutorais do 2019 e listaxe de persoas investigadoras que a tiñan concedida pero que non a van realizar.

Link de interese: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29958

Santiago de Compostela, 09 de xaneiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

RAMÓN Y CAJAL 2019 - INCORPORACIÓN 2020
Oferta institucional de prazas correspondente á convocatoria 2019 das axudas “Ramón y Cajal”
Publicado: 23/12/2019

O pasado dia 20 de decembro o Consello de Goberno da USC aprobou a Oferta institucional de prazas correspondente á convocatoria 2019 das axudas Ramón y Cajal correspondente á  convocatoria da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación publicada no BOE 11/12/2019.

Dacordo co aprobado, a USC ofertará unha praza de investigador RyC por cada unha das áreas temáticas recollidas no Anexo I da convocatoria co obxectivo principal de que todas as áreas de coñecemento da Universidade sexan susceptibles de recibir cando menos un investigador procedente desta convocatoria.

Na consideración do anterior, as prazas ofértanse con perfil aberto e sen adscrición directa inicial a Grupos ou Areas de Coñecemento específicos, cuestión que deberá determinarse no proceso de formalización dos posibles Acordos de Incorporación. Non obstante, a Vicerreitoría de Investigación e Innovación habilitará na páxina web da USC e de xeito visible a información oportuna para presentar diante dos potenciais candidatos as características da Oferta Institucional, así como as oportunidades que presenta a USC para o  desenvolvemento da súa carreira científica.

A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN DO XACOBEO 2021
Convocatoria O teu Xacobeo
Publicado: 20/12/2019

Atendendo á resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede a súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TU300A) (DOG 29 de novembro de 2019), todos aqueles proxectos que se vaian a candidatar deberán enviarse á Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos (vr.comunicacion@usc.gal) antes das 14:00h do día 23 de decembro. Dos proxectos presentados farase a selección dos dous que serán tramitados a Xunta de Galicia (artigo 2).

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019
Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos

 

[+] máis

AYUDAS RAMÓN Y CAJAL, AYUDAS JUAN DE LA CIERVA - FORMACIÓN, AYUDAS JUAN DE LA CIERVA - INCORPORACIÓN Y AYUDAS PARA PERSONAL TÉCNICO DE APOYO
Información sobre as convocatorias: Ayudas Ramón y Cajal, Ayudas Juan de la Cierva - Formación, Ayudas Juan de la Cierva - Incorporación y Ayudas para personal técnico de apoyo
Publicado: 11/12/2019

Veñen de publicarse no BOE as convocatorias de tramitación anticipada das "Ayudas Ramón y Cajal, Ayudas Juan de la Cierva - FormaciónAyudas Juan de la Cierva - Incorporación y Ayudas para personal técnico de apoyo".

Ver convocatoria

Ayudas para contratos Ramón y Cajal (RYC) 2019

Prazos:

12/12/2019-14/01/2020

Ayudas para contratos Juan de la Cierva-incorporación 2019

Prazos:

Investigadores: 17/12/2019-14/01/2020
Centros: 17/12/2019-21/01/2020

Ayudas para contratos Juan de la Cierva-formación 2019

Prazos:

Investigadores: 18/12/2019-15/01/2020
Centros: 18/12/2019-22/01/2020

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

CONVOCATORIA PREDOUTORAIS PARA A FORMACIÓN DE DOUTORES (FPI) 2019
Subsanacións solicitudes predoutorais para a formación de doutores (FPI) 2019
Publicado: 05/12/2019

Ven de publicarse na web do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades a "Resolución de la Subdivisión de Planificación y Gestión Administrativa por la que se publica la relación de solicitudes de ayudas para contratos predoctorales para la formación de doctores del Subprograma Estatal de Formación, correspondiente al año 2019, de la Agencia Estatal de Investigación del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades que requieren subsanación".

Santiago de Compostela, 05 de decembro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

ACCIÓNS DE DINAMIZACIÓN REDES DE INVESTIGACIÓN. CONVOCATORIA 2018.
Resolución de concesión das axudas correspondentes a Accións de dinamización Redes de Investigación
Publicado: 25/11/2019

Ven de publicarse na web do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades a resolución de concesión das axudas correspondentes a accións de dinamización "Redes de Investigación".

ver resolución

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SUG
Relación de estadías das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG
Publicado: 18/11/2019

Ven de publicarse na web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a relación de persoas investigadoras que gozarán dunha estadía de investigación.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

AXUDAS A UNIDADES DE EXCELENCIA MARÍA DE MAEZTU DO PLAN ESTATAL 2017-2020
Convocatoria Severo Ochoa María de Maeztu 2019
Publicado: 15/11/2019

Ven de publicarse a convocatoria de "Ayudas a Unidades de Excelencia María de Maeztu del Plan Estatal 2017-2020".

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o día 21 de novembro ás 00:00 h. e REMATA o día 18 de decembro de 2019 ás 14:00h.

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/481434

Moi importante: Pregámoslle que fagan a solicitude con data límite 12 de decembro para asegurar que o representante legal poda asinar ditas solicitudes.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

CONVOCATORIA DE AXUDAS A PUBLICACIÓNS EN ABERTO 2019
Resolución da adxudicación das axudas a publicacións en aberto 2019
Publicado: 04/11/2019

Con data de hoxe, 04 de novembro, ten lugar a publicación no taboleiro electrónica da resolución da adxudicación da Convocatoria de axudas a publicacións en aberto 2019.

https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/75359/carga.htm.

Santiago de Compostela, 04 de novembro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

PUBLICACIÓNS EN ACCESO ABERTO NA USC
Descontos para publicar en acceso aberto na USC
Publicado: 29/10/2019

Informamos dun novo acordo conseguido a través do Consorcio Bugalicia coa editorial MDPI que inclúe descontos por publicar en Acceso Aberto nas súas revistas.

Este acordo súmase aos xa anunciados con anterioridade con ACS, Cambridge University Press e SCOAP3.

Para máis información, poden consultar a web da Biblioteca Universitaria ou dirixirse a súa biblioteca de referencia.

[+] máis

EXERCICIO ECONÓMICO 2020
Incremento do 2,4% dos gastos de persoal con financiamento afectado (Exercicio económico 2020)
Publicado: 25/10/2019

Estimados/as Responsables de Asuntos Económicos:

No seguinte enlace pode consultar o procedemento de proposta/s de contratación/renovación/convocatorias públicas de contratación de persoal con cargo a actividades e proxectos de investigación (capítulo VI).

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

 

[+] máis

REXISTRO DE INVESTIGADORES VISITANTES NA USC
REXISTRO DE INVESTIGADORES VISITANTES NA USC
Publicado: 15/10/2019

Con data 11 de maio de 2017 ten lugar a publicación, no taboleiro electrónico, da Resolución Reitoral do 8 de xuño  pola que se modifica a Resolución Reitoral  do 8 de xuño de 2015, pola que se regulan as estadías temporais de investigadores visitantes da USC.

Este rexistro debe completarse a través dun formulario electrónico ao que os IPs da USC teñen acceso a través da  OIT VIRTUAL, co fin de incluir aos visitantes nas pólizas de seguros colectivas da Universidade. A maior abastanza,  resulta imprescindible para xestionar os visados de entrada no país xa que, de non constar no mesmo, non poden continuar coa xestión da documentación necesaria nas embaixadas correspondentes.

Lémbrase de novo a necesidade de proceder a este rexistro para tódalas estadías temporais de investigación na USC.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

VER CONFERENCIA-COLOQUIO
Encontro con José Manuel Fernández Labastida, Director de Xestión Científica do Consello Europeo de Investigación (European Research Council-ERC)
Publicado: 07/03/2019

Poden ver no seguinte enlace http://tv.usc.es/serial/index/id/636 a conferencia-coloquio celebrada o 1 de marzo con José Manuel Fernández Labastida, Director do Departamento de Xestión Científica do Consello Europeo de Investigación, na que presentou os obxectivos e programas da UE en materia de Investigación e Ciencia Excelente.

O European Research Council foi creado pola Unión Europea fai 12 anos para impulsar a ciencia máis innovadora en todos os ámbitos científicos co fin de mellorar o carácter dinámico, a creatividade e a excelencia da investigación europea nas fronteiras do coñecemento, así como axudar a Europa a manter e atraer ás mellores persoas no eido da investigación de calquera nacionalidade. As axudas do ERC son actualmente recoñecidas como unha garantía de excelencia dentro da comunidade científica, e desde o ano 2007 seleccionou ao redor de 9.000 proxectos nos que, na actualidade, entre persoal posdoutoral, predoutoral e de apoio, hai máis de 50.000 persoas traballando e formándose en investigación. Entre os/as beneficiarios/as hai máis de 400 investigadores españois de primeiro nivel  que teñen recibido perto de 700 millóns de euros de financiación dos programas do ERC.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis


<< Outros avisos

Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto