USC » Research » Notices
Research Resources
Research Groups
USC Researchers

Investigation Service
Services to personal researchers

Others
Registro de Investigadores/as Visitantes
Forms, rules,...
HRS4R - Human Resources Strategy for Researchers
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Frequently Asked Questions (FAQs)
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Relevant information
Job opportunities
USC Research Contracts
Resolución reitoral pola que reabre o plazo de presentación de solicitudes das convocatorias 3/2020 e 4/2020_I, interrompido pola suspensión dos plazos administrativos do estado do estado de alarma declarado o 14 de marzo 2020
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2020
Reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de errores del reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Contracts calculator
Press releases
Notices
Events

Formalities On-Line
Certifications and accreditations obtained by the USCCertifications and accreditations
Notices
FONDO SUPERA COVID-19
Suspensión temporal de recepción de solicitudes para a convocatoria Fondo Supera COVID-19
Published: 23/05/2020

As entidades promotoras do Fondo SUPERA Covid-19 decidiron suspender temporalmente a recepción de solicitudes de proxectos. A suspensión será efectiva a partir do próximo martes 26 para non prexudicar aquelas propostas en proceso de elaboración por parte dos solicitantes.

No seguinte enlace figuran as razóns desta decisión.

De acordo coa evolución do fondo, comunicarán a reapertura de recepción de solicitudes ou o peche do fondo.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

RESUMO AXUDAS I+D+I
Resumo axudas I+D+i
Published: 23/05/2020

Información sobre convocatorias e axudas de I+D+i no seguinte enlace (data de actualización: 23 de maio de 2020).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

CONVOCATORIA INTERNA DE PROXECTOS COLABORATIVOS DE I+D+I
Axudas a Institutos de Investigación da USC
Published: 08/05/2020

O obxecto desta convocatoria interna é financiar proxectos colaborativos entre dous ou máis grupos dun Instituto de investigación nun período de tempo curto (6 meses) co obxectivo de iniciar unha colaboración que frutifique na petición dun proxecto nunha convocatoria competitiva.

Santiago de Compostela, 08 de maio de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

 

 

 

[+] more

AXUDAS Á PUBLICACIÓN EN ABERTO 2020
Convocatoria interna de axudas á publicación en aberto 2020
Published: 08/05/2020

Esta convocatoria interna ten por obxecto mellorar a presenza da Universidade nos rankings internacionais incentivando a publicación en aberto nas máis prestixiosas publicacións do JCR, Scopus e outras bases de datos de recursos bibliográficos electrónicos de referencia, como CIRC, clasificación integrada de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas.

Información da convocatoria [pdf - 184 KB]

Acceso ao formulario

Prazos de presentación:

- Prazo 1: entre o 8 de maio e o 31 de maio de 2020 ambos inclusive.
- Prazo 2: entre o 1 de outubro e o 21 de outubro de 2020 ambos inclusive.

En ámbolos dous casos a comunicación da admisión para publicación debe ser posterior a outubro de 2019 e a data da factura posterior a novembro de 2019.

Santiago de Compostela, 08 de maio de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

CRUE, CSIC E BANCO DE SANTANDER
Fondo Supera COVID-19
Published: 23/04/2020

A CRUE, o CSIC e o Banco de Santander veñen de lanzar o Fondo Supera COVID-19 dirixido a financiar programas, proxectos colaborativos e medidas de apoio as universidades para minimizar o impacto da crisis provocada polo coronavirus nos ámbitos sanitario, educativo e social.

En http://www.crue.org/Comunicacion/Noticias/FONDOsuperaCOVID19.aspx podedes atopar toda a información relativa á convocatoria, formulario de solicitudes e guía explicativa, preguntas frecuentes e listado de universidades adheridas.

O prazo para a presentación de propostas comeza o 22 de abril e manterase aberto ata rematar os fondos e como máximo, ata o 18 de decembro de 2020.

[+] more

MICROMECENADO
Micromecenado para apoiar e reforzar diversas liñas de investigación relacionadas co COVID-19
Published: 20/04/2020

A Universidade de Santiago ven de abrir unha nova liña de micromecenado para apoiar e reforzar diversas liñas de investigación relacionadas co COVID-19: sistemas de detección do virus en diferentes matrices, apoio da investigación en vacinas, análise dos impactos económicos, modelización da pandemia e análises epidemiolóxicas entre outras.

Contribúe, é o momento!

https://www.usc.gal/gl/micromecenado/proxectos/microdoazons.html

Ata 150 € unha desgravación equivalente na Declaración da Renda do ano vindeiro.

[+] more

AGENCIA GALLEGA DE INNOVACIÓN (GAIN)
Axudas para o fomento da participación galega en H2020
Published: 02/04/2020

Co obxectivo de mellorar a competitividade do Sistema Galego de Innovación a través da súa participación no programa europeo de I+D+i, H2020, a Axencia Galega de Innovación publicará proximamente a segunda convocatoria correspondente ao 2020, desta liña de axudas dotada con máis de 2,7 millóns de euros, en tres modalidades. A convocatoria permanecerá aberta ata esgotamento do crédito. Atenderanse as solicitudes por orde de chegada.

Máis información

Santiago de Compostela, 02 de abril de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXENCIA GALEGA DE INNOVACION (GAIN)
Convocatorias abertas para apoiar a I+D+i frente ao COVID-19
Published: 27/03/2020

Convocatoria de expresións de interese para o financiamento de proxectos de investigación sobre o sars-cov-2 e a enfermidade COVID19

Organismo: Instituto de Salud Carlos III
Dotación: 24 M€
Beneficiarios: Organismos de investigación
Prazo: Desde o 19 de marzo ata a extinción do Fondo COVID-19
Enlace á convocatoria

Convocatoria de propostas da Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI): Desenvolvemento de terapias e diagnósticos para combater as infeccións por coronavirus (IMI2-2020-21-01)

Organismo: Comisión Europea / Innovative Medicines Initiative
Dotación: 45 M€
Beneficiarios: Consorcios
Prazo: Ata o 31 de Marzo
Enlace á convocatoria

Convocatoria NEOTEC

Organismo: CDTI
Beneficiarios: empresas innovadoras de base tecnolóxica
Dotación: 25 M€
Prazo: A partir do 15 de abril
Máis información

IDENTIFICACIÓN DE CAPACIDADES DO SISTEMA GALEGO DE INNOVACIÓN

Así mesmo, lembrámosche que a Axencia Galega de Innovación ten aberta unha chamada para identificar solucións innovadoras que se poidan implementar de xeito inmediato en ámbitos directamente relacionados co brote por COVID-19. Os solicitantes deben achegar as súas solucións ata este venres 27 de marzo.

Acceso formulario

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AGENCIA ESTATAL DE INVESTIGACIÓN
Preguntas frecuentes sobre o efecto da crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 nas convocatorias da Agencia Estatal de Investigación
Published: 24/03/2020

Ven de publicarse na web da Agencia Estatal de Investigación o seguinte pdf coas "Preguntas frecuentes sobre el efecto de la crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19 en las convocatorias de la Agencia Estatal de Investigación."

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

SERVIZO DE XESTIÓN DE ACTIVIDADES DE I+D
Servizo de Xestión de Actividades de I+D operativo
Published: 20/03/2020

Pese as circunstancias excepcionais que se están a producir, o Servizo de Xestión de Actividades de I+D segue operativo apoiado nas ferramentas de teletraballo que temos dispoñibles. Por esta razón, os canles habituais de comunicación permanecerán abertos, agás o teléfono.

Como ben sabedes, o decreto de estado de Alarma establece a suspensión dos prazos administrativos e isto afecta tanto ás solicitudes, requerimentos, expedientes de reintegros, xustificacións, prescripcións e caducidade dos procedementos en curso. Sen embargo nada impide que se sigan facendo os tramites e tarefas derivadas das xustificacións activas, particularmente da Anualidade 2019 dos proxectos estatais. De feito incluso é desexable aproveitar este período para ir avanzando nestas tarefas en previsión da acumulación que poida producirse cando volvamos a unha situación normal.

Como dicimos, con carácter xeral, os prazos administrativos están suspendidos pero lamentablemente esta suspensión non afecta á vixencia das axudas activas neste momento. A Axencia Estatal de Investigación publicou tanto na súa web como a través da redes sociales o efecto desta suspensión que podedes consultar aquí

Como é lóxico os proxectos máis perxudicados son os que teñan un prazo de remate nas vindeiras semanas. Non existe unha solución global nin común para todos estes casos xa que en moitas unidades administrativas da universidade os servicios que se están prestando son de mínimos.

Informamos que para calquera incidencia temos abertas as seguintes canles de comunicación:

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

INSTITUTO DE SALUD CARLOS III
Convocatoria de expresións de Interese para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-COV-2 e a enfermidade COVID19
Published: 20/03/2020

Ven de publicarse a Resolución da Dirección do Instituto de Salud Carlos III, pola que se aproba a CONVOCATORIA DE EXPRESIÓNS DE INTERESE PARA O FINANCIAMENTO DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE O SARS- COV-2 E A ENFERMIDADE COVID19 con cargo ao FONDO – COVID19, no marco da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

DISPOÑIBILIDADE ORZAMENTARIA:
A dispoñibilidade orzamentaria estimada para o financiamento de proxectos é de 24 millóns de euros.

PRESENTACIÓN DE EXPRESIÓNS DE INTERESE:
As expresións de interese presentaranse mediante correo electrónico na dirección: covid19@isciii.es utilizando a plantilla que se poderá descargar desde a páxina web do Instituto de Salud Carlos III a través deste hipervínculo plantilla COVID-19

Máis información

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS FPU
Nota informativa sobre suspensión de prazos administrativos e informes de seguimento beneficiarios de axudas FPU
Published: 18/03/2020

O Ministerio de Universidades ven de comunicar a seguinte información dirixida aos beneficiarios en activo do programa FPU:

"Buenos días,

Les informamos de la publicación de una nota informativa relativa a la suspensión de los plazos administrativos derivada del actual estado de alarma y a como afecta la misma en los trámites relacionados con los beneficiarios en activo del programa FPU.

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998758/ficha/998758-informacion-comun.html

http://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.791459a43fdf738d70fd325001432ea0/?vgnextoid=aa054a7925abd610VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=107b2d4c1bf47610VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextfmt=formato2&id3=66680417093af610VgnVCM1000001d04140a____

Para cualquier duda, estamos a su disposición en este buzón de correo, o bien, si su consulta se refiere a informes de seguimiento anuales o finales, en seguimiento.cte@ciencia.gob.es"

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

PROGRAMA POCTEP
Programa POCTEP: Interrupción procedementos administrativos
Published: 17/03/2020
Como xa sabedes a Autoridade de Xestión do Programa POCTEP ven de lanzar un comunicado, ante a declaración do estado de alarma, polo que se informa da suspensión dos termos e interrupción dos prazos dos procedementos administrativos en curso até que cese o estado de alarma. 
 
Porén, desde a unidade de proxectos europeos da Área de Xestión e Valorización da I+D da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, continuarase cos traballos que se viñan desenvolvendo até o de agora. Neste sentido pregamos aos responsables dos distintos proxectos que estean dispoñibles para confirmar ou clarexar calquera aspecto relacionado cos mesmos.
 
Para calquera consulta relacionada cos proxectos interreg, por favor, contacten co correo-e: proxectos.interreg@usc.es
 
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] more

PROGRAMA ERASMUS+
Programa Erasmus +: Extensión dos prazos para a presentación de propostas
Published: 17/03/2020

Ante a situación xeral provocada polo brote de coronavirus (Covid-19), exténdese o prazo para a presentación de propostas en distintas convocatorias do Programa Erasmus+. Especificamente:
 
    • 21 Abril 2020 - Sport Actions (Collaborative partnerships, Small collaborative partnerships, Not-for-profit European sport events).
    • 23 Abril 2020 - KA2 - Strategic Partnerships for School Education (KA201), Strategic Partnerships for Vocational Education and Training (KA202), Strategic Partnerships for Higher Education (KA203), Strategic Partnerships for Adult Education (KA204), School Exchange Partnerships (KA229).
    • 7 Maio 2020 - KA1 - Mobility of individuals in the field of youth (Round 2).
    • 7 Maio 2020 - KA2 - Strategic partnerships in the field of youth.
    • 7 Maio 2020 - KA3 - Youth Dialogue Projects (Round 2).
    • 26 Maio 2020 - Erasmus Charter for Higher Education.

Desde o  Servizo de Relacións Exteriores (SRE) da Vicerreitoría de Estudantes e Proxección Internacional continúase  dando soporte á comunidade universitaria a pesar da situación actual provocada polo brote de Covid-19. Para calquera consulta relacionada co programa Erasmus+, por favor contacte connosco no correo-e: international.projects@usc.es

Máis información

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

INFORMACIÓN COMITÉ DE BIOÉTICA
Novo formulario de solicitude de informe para estudos con persoas
Published: 06/03/2020

Neste enlace á páxina web da USC, https://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-2-26-229-290, poden atopar o novo formulario de solicitude que deberán cubrir sempre que durante o desenvolvemento dunha investigación científica se realicen tarefas nas que interveñan seres humanos como suxeitos de estudo ou se utilicen mostras biolóxicas de orixe humana ou datos persoais.

Santiago de Compostela, 06 de marzo de 2020
A Oficina de Investigación e Innovación

[+] more

VICERREITORÍA DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN
Liña de axudas para a presentación de candidaturas no marco do programa ERC
Published: 28/02/2020

Os programas de financiamento xestionados polo Consello Europeo de Investigación (en diante ERC do seu nome en inglés, European Research Council) apoian ao mellor persoal investigador de calquera nacionalidade que desexe realizar investigación na fronteira do coñecemento en calquera entidade ou organismo de investigación dos 28 Estados Membros da Unión Europea ou os seus países asociados. A tal fin o ERC conta, entre outras, coas seguintes axudas,

  • ERC Starting Grant (StG): apoio ao persoal investigador, con entre dous e sete anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, dirixida á creación do seu propio equipo de investigación independente.
  • ERC Consolidator Grant (CoG): apoio ao persoal investigador, con entre máis de sete e até doce anos de experiencia tras rematar o seu doutoramento, que están dirixidas a consolidar o seu propio equipo de investigación independente.
  • ERC Advanced Grant (AdG): apoio ao persoal investigador activo cun historial de logros científicos salientable nos últimos 10 anos e que lideren proxectos excelentes e altamente innovadores nos seus respectivos campos de investigación.
  • ERC Synergy Grant (SyG): apoio a proxectos de investigación na fronteira do coñecemento que estean liderados por entre 1 a 4 investigadores/as principais que traballan conxuntamente e de xeito complementario para o seu desenvolvemento.

Co obxectivo de promover a petición destas axudas estratéxicas por parte do persoal investigador da USC, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación abre unha Liña de Axudas destinadas a co-financiar os custos asociados aos traballos de asesoramento ou consultaría na preparación e redacción da proposta a presentar ao ERC.

Esta Liña de Axudas estará aberta ao longo do ano 2020 estando dirixida a aquelas propostas formalizadas a través da Unidade de Proxectos Europeos da Vicerreitoría de Investigación e Innovación que se teñan presentado ou se presenten no marco das convocatorias xestionadas polo ERC. Especificamente contemplaranse as solicitudes presentadas nas convocatorias ERC-2020-StG, ERC-2020-CoG, ERC-2020-AdG e ERC-2020-SyG dentro do Programa H2020, así como as posibles convocatorias para o ano 2021 publicadas polo ERC dentro do Programa Horizonte Europe que teñan o mesmo obxectivo e cuxo peche teña lugar ao longo do ano 2020.

Para esta Liña de Axudas o VII dedicará 15.000€ do seu orzamento, e a financiación máxima por axuda será de 2.000€.

Para a solicitude e percepción da axuda é necesaria a presentación da seguinte documentación,

  • Copia da factura pagada da consultora.
  • Conta ORCID do IP que deberá estar activa e actualizada a 2020 no momento de solicitar a axuda.

A documentación presentarase a través do rexistro electrónico da Universidade con oficio dirixido ao Servicio de Convocatorias e RRHH de I+D indicando no Asunto da Solicitude Axudas programa ER.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020
A Oficina de Investigación e Innovación

[+] more

FORMACIÓN DE PROFESORADO UNIVERSITARIO (FPU)
Comunicación do Ministerio de Universidades con relación ao coronavirus
Published: 28/02/2020

O Ministerio de Universidades comunica o seguinte "Para traslado y conocimiento de todos los beneficiarios FPU adscritos a ese organismo, se remite enlace a los documentos de preguntas frecuentes sobre el coronavirus, así como al documento de recomendaciones sanitarias y medidas preventivas para viajeros que se dirijan a las zonas afectadas, publicadas por el Ministerio de Sanidad".

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/home.htm

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/documentos/20200224.Preguntas_respuestas_COVID-19.pdf

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/sanidadExterior/salud/home.htm

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020
A Oficina de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE PROFESORADO UNIVERSITARIO (FPU)
Relación definitiva de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU)
Published: 27/02/2020

Con data 26 de febreiro saiu na páxina web do Ministerio de Universidades a relación definitiva de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU).

Ver resolución

Máis infomación

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020
A Oficina de Investigación e Innovación
[+] more

PROGRAMA DE AXUDAS Á INVESTIGACIÓN
Programa de Convocatorias e Axudas á Investigación: Ano 2020
Published: 26/02/2020

Para coñecemento e planificación da comunidade científica da USC o Vicerreitorado de Investigación e Innovación INFORMA do obxecto e financiamiento das diferentes Axudas propias á Investigación que serán convocadas ao longo dos meses de marzo e abril deste ano.

No seguinte documento relaciónanse as liñas previstas e o seu alcance. As diferentes axudas materializaranse en próximas convocatorias que serán anunciadas oportunamente.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

INSTRUCIÓNS
Instrucións con relación ao persoal investigador en centros pechados polo coronavirus
Published: 26/02/2020

Instrucións da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en relación ao persoal investigador que está realizando a súa estadía en centros de investigación pechados polo coronavirus.

ver instrución

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS BEATRIZ GALINDO 2020
Convocatoria de selección de curricula por concurso público de méritos para concorrer á Convocatoria das axudas Beatriz Galindo 2020
Published: 20/02/2020

Ven de publicarse no taboleiro da USC a convocatoria de selección de curricula por concurso público de méritos co fin de que as 9 persoas que acaden maior puntuación na modalidade junior e 6 persoas na modalidade senior poidan concorrer á Convocatoria das axudas Beatriz Galindo para o exercicio 2020.

Formulario sede electrónica

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA ANO 2020
Procedemento de Presentación das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia ano 2020
Published: 18/02/2020

Infórmase a todas as persoas interesadas do Procedemento de Presentación das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia ano 2020.

Pódese atopar a información no seguinte enlace:

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN PREDOUTORAL
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral do SUG Modalidade A e B
Published: 12/02/2020

No Diario Oficial de Galicia o día 06 de febreiro de 2020 publicouse a orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación predoutoral modalidade A e B. Rógase que extreme o coidado e cumprimente o formulario ED481A que é o correspondente ás universidades.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2020
A Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] more

AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE PROFESORADO UNIVERSITARIO (FPU)
Relación provisional de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU)
Published: 12/02/2020

Con data 11 de febreiro saiu na páxina web do Ministerio de Universidades a relación provisional de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU).

Ver resolución

Máis infomación

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2020
A Oficina de Investigación e Innovación
[+] more

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN PERSOAL INVESTIGADOR DISTINGUIDO
Resolución reitoral de preselección persoal investigador distinguido
Published: 05/02/2020

Con data de hoxe, 5 de febreiro de 2020, publícase a resolución do procedemento de preselección de persoal investigador distinguido, a través do anuncio que figura a continuación: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/85861/carga.htm

Santiago de Compostela, 05 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN PERSOAL INVESTIGADOR DISTINGUIDO
Proposta de preselección persoal investigador distinguido
Published: 04/02/2020

Con data de hoxe, 4 de febreiro de 2020, publícase a proposta de resolución, no procedemento de preselección de persoal investigador distinguido, a través do anuncio que figura a continuación: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/85837/carga.htm.

Santiago de Compostela, 04 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more


<< Other notices

Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contact