Formalities On-Line |  |
|
Press releases related to research in the USC--
Press releases | | A profesora Teresa Fanego, premiada pola Asociación Española de Lingüística Aplicada | Published: 16/4/2021 | A Asociación Española de Lingüística Aplicada (AESLA) acaba de outorgar á profesora Teresa Fanego o Premio de Investigación 2021 para Investigadores/as Experimentados/as, polo volume Corpus-Based Research on Variation in English Legal Discourse, co-editado con Paula Rodríguez Puente da Universidade de Oviedo, e publicado pola editorial holandesa John Benjamins. O galardón foille entregado na asemblea anual de socios celebrada durante o XXXVIII Congreso Internacional de AESLA. Os Premios de Investigación AESLA, creados en 1998 e acompañados dunha dotación económica, recoñecen aqueles traballos que contribúan de modo destacado ao avance teórico e metodolóxico no ámbito dos estudos lingüísticos.
Máis información |
| CIMUS | Científicos da USC descobren unha nova chave que podería pechar o paso da metástase | Published: 29/3/2021 | Profundar no coñecemento da reprogramación metabólica das células tumorais é a base do novo descubrimento do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC. O grupo liderado por Román Pérez Fernández, acaba de desvelar que a proteína POU1F1, a través da regulación de LDHA, é capaz de modificar o fenotipo das células cancerosas e favorecer a progresión tumoral e a metástase. O achado, que abre a porta a novas e esperanzadoras estratexias terapéuticas no cancro, acaba de publicarse na revista Oncogene.
Máis información |
| CITIUS | Paula López, directora adxunta do CiTIUS, nomeada nova máxima responsable do proxecto europeo MENELAOS | Published: 10/3/2021 | A directora adxunta do CiTIUS, Paula López Martínez, é xa oficialmente a máxima responsable do proxecto MENELAOSNT, unha rede de formación de novos doutores a nivel europeo financiada polo competitivo programa de axudas Horizonte 2020. A dirección científica do proxecto, coordinado ata agora dende a Universidade de Siegen (Alemaña) trasládase, así, ao centro de investigación situado en Santiago de Compostela, mentres que a coordinación executiva da actividade dos socios seguirá realizándose desde a institución alemá. O nomeamento, proposto polo ata agora máximo responsable do proxecto -o investigador Otmar Loffeld que seguirá vinculado ao proxecto como consultor científico-, converte tamén á directora adxunta do CiTIUS en "Permanent Guest Scientist" da Universidade de Siegen.
Máis información |
| HUMANIDADES | O proxecto Yucunet nace para crear unha rede educativa de Arte Contemporánea na rexión Iucatán-Cuba | Published: 2/3/2021 | O proxecto Yucunet botou a andar este xoves coa intención de ofrecer ferramentas para a creación dunha rede educativa e de investigación e traballo en Arte Contemporánea na rexión Iucatán-Cuba. En liña e moderada polo profesor da USC Federico López Silvestre, coordinador do proxecto, a reunión de lanzamento desta iniciativa serviu para presentar aos integrantes dun consorcio internacional integrado por doce institucións de Portugal, México e Cuba. O reitor Antonio López tomou parte na xornada de benvida deste proxecto que conta cun orzamento de case 900.000 euros.
Máis información |
|
|
News Search
|
In the last six years information about more than 300 porjects and research lines has been disseminated. This meant more than 800 references in different media.
The original press releases which originated this information in the newspapers can be looked up in the following search engine:
|
|
Distribution list | The vicechancellorship sends information of interest for researchers through the USC-INVESTIGACION distribution list. Help and support
This Web also has at your disposal a RSS channel where you can find the lastest updates.
|
|