A BUSC ofrece desde o dia 27 de maio o servizo de préstamo a domicilio, mediante o sistema de cita previa, exclusivamente para os membros da comunidade universitaria da USC. Poden solicitarse libros en préstamo e/ou facer devolucións dos que teña prestados o usuario.
As instrucións para obter unha cita previa poden consultarse na páxina web https://biblioteca-usc.gal/guia/prestamo-mediante-cita-previa/
Desde esta semana, todas as bibliotecas dos centros universitarios estarán abertas sumándose ao servizo de préstamo con cita previa para recollida e devolución de libros. En breve disporán das medidas de protección e seguridade necesarias que permitan que o persoal que estea autorizado a entrar nos centros poda realizar devolución/préstamo nesas bibliotecas (baixo previa petición). A Biblioteca Concepción Arenal abrirase para o persoal autorizado polos centros de Dereito, Relacións Laborais e Políticas igualmente con cita previa para a recollida e devolución de libros.
Os/As alumnos/as poderán solicitar préstamos e devolución de libros nos puntos de atención ao público establecidos nas bibliotecas:
- Biblioteca Xeral – Campus de Santiago (9-14h e 16-20h).
- Biblioteca Intercentros – Campus de Lugo (9-14h).
Non está permitida en ningunha biblioteca a deambulación polos depósitos, polas coleccións en libre acceso nin lectura en sala, atendendo aos protocolos establecidos co Servizo de Prevención de Riscos da USC.
Pode consultar o aviso firmado electrónicamente polo Vicerreitor de Investigación e Innovación no seguinte enlace
Santiago de Compostela, 08 de xuño de 2020 Vicerreitoría de Investigación e Innovación |