USC » Research » Notices
Research Resources
Research Groups
USC Researchers

Investigation Service
Services to personal researchers

Others
Registro de Investigadores/as Visitantes
Forms, rules,...
HRS4R - Human Resources Strategy for Researchers
Código de Buenas Prácticas en la Investigación
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Frequently Asked Questions (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2020
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Relevant information
Job opportunities
USC Research Contracts
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2021
Reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de errores del reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Contracts calculator
Press releases
Notices
Events

Formalities On-Line
Certifications and accreditations obtained by the USCCertifications and accreditations
News
BUSINESS FACTORY FOOD (BFFOOD)
Aberta a terceira edición do programa BFFood para aceleración e consolidación de proxectos innovadores no sector alimentario
Published: 12/11/2020

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia, dinamizada pola Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga) e na que a USC participa como socia, pon en marcha a súa terceira edición para identificar e promover ata un total de 16 proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria.

Os retos para esta edición son: dixitalización e automatización; trazabilidade, calidade e seguridade alimentaria; loxística; sustentabilidade e  packaging; desenvolvemento de novos produtos; e innovación de procesos e comercialización. Tamén, existe un reto aberto para calquera proxecto aplicable á industria que supoña a introdución dalgún tipo de innovación ou mellora.

Ademais, con motivo da situación xerada pola COVID-19,  BFFood incorporou un reto especial co que busca proxectos dirixidos a fortalecer a resilencia da industria alimentaria fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias.

Os proxectos seleccionados disporán de apoio económico da Xunta, formación das universidades e mentorización específica por parte de empresas  tractoras do  BFFood como  Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, Clavo  Food Factory, Congalsa, Cooperativas Lácteas Unidas ( CLUN),  Gadis,  Galacteum,  Kiwi Atlántico,  Larsa, Nueva Pescanova,  Quescrem, Torre de Núñez e  Viña  Costeira.

Podes presentar a túa candidatura, tanto ao programa de aceleración como de consolidación, a través da web bffood.gal ata o próximo 11 de xaneiro de 2021 ás 14 horas.

Para máis información:
montserrat.camina@usc.es

patricia.gonzalez@usc.es

881815594 (ext. 15594) / 982 822 854 (ext.22854)

http://www.bffood.gal


<< Other notices

Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contact