Infórmase que o Ministerio de Ciencia e Innovación ven de publicar a convocatoria de "Proyectos de I+D+i, Modalidades Retos de Investigación y Generación del Conocimiento 2020"
Modalidades de proxectos:
Proxectos de "Generación de Conocimiento" (PGC). Proxectos sen orientación temática previa, que buscan o avance do coñecemento independentemente do horizonte temporal e do ámbito de aplicación do mesmo.
Proxectos "Retos Investigación"(RTI). Proxectos orientados á resolución de problemas vinculados aos 8 grandes retos da sociedade que se recollen no Plan Estatal de I+D.
Tipoloxía de proxectos: Dentro das modalidades anteriores os proxectos poderán ser de dous tipos en función do Investigador Principal:
Proxectos Tipo A. Liderados por mozos investigadores/ as. Na modalidade RTI inclúense os proxectos tipo JIN, cuxo IP deben ser mozos investigadores/ as, sen vinculación ou con vinculación temporal coa entidade solicitante inferior a un ano.
Proxectos Tipo B. Liderados por investigadores/ as consolidados/ as.
Acceso á convocatoria: Proxectos de I+D+i - Modalidades Retos de Investigación e Xeración do Coñecemento 2020. Dadas as especiais características do programa, recomendamos ler atentamente a convocatoria así como e o documento de preguntas frecuentes.
Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 26 de novembro ata o 17 de decembro de 2020 ás 14.00 horas na Sede da Axencia Estatal. O prazo interno da USC remata o 14 de decembro ás 14 horas. Non poderá garantirse a presentación en tempo e formas daquelas solicitudes que sexan presentadas despois desa data.
Solicitudes: As solicitudes deberán realizarse a través do enlace de solicitude do Ministerio
Documentación: As solicitudes deberán acompañarse da seguinte documentación:
Memoria científico -técnica do proxecto. A memoria deberá escribirse obrigatoriamente en inglés nos proxectos nos que o orzamento dos custos directos sexa igual ou superior a 100.000€. Os proxectos JIN deberán presentar sempre a memoria en inglés.
CVA do investigador principal, ben obtido a través do aplicativo da FECYT, ou cubrindo os modelos dispoñible na web da convocatoria. A extensión máxima do CVA será de 4 páxinas.
Se fose o caso, documentos que acrediten situacións de interrupción da actividade investigadora.
Tramitación de solicitudes na USC: Enlace á documentación da USC para a tramitación da solicitude |