USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Unidades de Investigación
Catálogo de Grupos de Investigación
Investigadores
Centros e Institutos de Investigación
Departamentos
Servicios de apoyo a la investigación
Informes de I+D de la USC

Servicios a la Investigación
Servicios a investigadores
Área de Valorización, Transferencia y Emprendimiento

Otros
Registro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estrategia de Recursos Humanos para Investigadores
Acordo incremento retributivo 2016 ao persoal contratado con cargo de activiades de I+D+i
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2017
RIGA
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación

Destacados
Prensa
Avisos
Eventos
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación de la USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2018
Guía de Convocatorias
Calculadora de contratos

Xestións On-Line
Certificaciones y acreditaciones obtidas por la USCCertificaciones y acreditaciones
Avisos
CONVOCATORIA PÚBLICA DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL
Convocatoria Pública 4/2018 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Publicado: 25/04/2018

Infórmase a todas as persoas interesadas que están publicadas as listas provisionais de admitidos e excluídos da Convocatoria Pública 4/2018 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN 2018
Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas
Publicado: 20/04/2018

Infórmase a todas as persoas interesadas que a Xunta de Galicia acaba de informar que xunto coas convocatorias de Grupos de Referencia Competitiva e de Pontecial Crecemento sairá tamén a Convocatoria de Proxectos de Excelencia.

Tamén nos informan que este ano non haberá convocatoria de Redes de Investigación.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN 2018
Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas (Formulario de interés)
Publicado: 19/04/2018

Infórmase a todas as persoas interesadas que a comezos do mes de maio está previsto a publicación da convocatoria de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia, polo que se solicita aos grupos de investigación que estean interesados en participar en dita convocatoria que acheguen, antes das 14 horas do día 30 de abril, á dirección de correo electrónico recursoshumanos.consolidacion@usc.es,  o formulario que se achega debidamente cumprimentado.

Formulario a cumprimentar

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS PREDOUTORAIS XUNTA DE GALICIA 2018
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de apoio á etapa predoutoral da convocatoria 2018 Xunta de Galicia
Publicado: 19/04/2018

Comunícase a todos os interesados e a todas as interesadas que no día de hoxe publicouse a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de apoio á etapa predoutoral da convocatoria 2018 Xunta de Galicia.

Achégase o seguinte enlace para a súa consulta: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/247464

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] más

AXUDAS FPU
Modificación da resolución provisional primeira fase FPU 2017
Publicado: 13/04/2018

Con data 11/04/2018, publicouse na web do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte a modificación da resolución provisional da primeira fase da convocatoria FPU 2017.

Consultar listaxe

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS PARA CONTRATOS PREDOUTORAIS PARA A FORMACIÓN DE DOUTORES
Proposta resolución provisional Axudas Predoutorais (antigas FPI) 2017
Publicado: 14/03/2018

Con data do 13 de marzo de 2018 publicouse a proposta de resolución provisional das axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores 2017 (antigas FPI).

Ver resolución

O prazo para presentar alegacións remata o 27 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] más

AXUDAS FPU
Resolución provisional primeira fase FPU 2017
Publicado: 09/03/2018

Con data 07/03/2018, publicouse na web do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte a resolución provisional da primeira fase da convocatoria FPU 2017.

Consultar listaxe

Santiago de Compostela, 09 de marzo de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

REXISTRO DE INVESTIGADORES
Rexistro de Investigadores Visitantes
Publicado: 06/03/2018

Lémbrase a todos os interesados que inviten a un/unha investigador/ra visitante que deberán comunicalo, previamente,  á Vicerreitoría con competencias en investigación,  a través da súa OIT Virtual e dentro do apartado "R.I.V. - Rexistro Investigadores Visitantes" - "Nova Solicitude".

Por outra banda, os alumnos que estean a cursar estudos de doutoramento noutras Universidades españolas ou en Universidades estranxeiras ou Investigadores que se incorporen temporalmente á USC, para realizar unha estadía de investigación e con tutela académica na USC, relacionada coa súa tese de doutoramento ou investigación, ben mediante Convenios de Intercambio (ORE ou outros centros da USC), ben por autorización da universidade de orixe do alumno para a realización da mesma, formalizarán unha matrícula de tutela académica na modalidade de "matrícula por estadía", polo período contemplado no respectivo convenio ou autorización.

Formalizarase a través do Servizo de Xestión Académica da USC, durante o curso académico, a través do Departamento ou Instituto, onde realizará a súa estadía, solicitado en todo caso sempre antes do inicio da mesma e independente da súa duración, cumprimentando o formulario de solicitude correspondente (Solicitude de matricula por estadía de investigación), que deberá ser avalado polo profesor/a que o tutela e polo Departamento ou Instituto Universitario da súa estadía temporal, e aportando os documentos necesarios para a súa formalización.

O alumno aboará os prezos públicos correspondentes á matrícula da tutela académica na modalidade de estadía, que permitirá o dereito de acceso aos diferentes servizos da USC durante a súa estadía. Tamén deberá aboar o seguro obrigatorio establecido polo Consello de Goberno de 26 de xuño de 2009.

A matrícula de estadía estará vixente dentro dos períodos establecidos no Calendario Oficial de Estudos da USC, debendo renovar a matrícula, se o alumno continúa nesta Universidade, ao finalizar un curso académico e comezar outro.

Polo tanto, todo investigador invitado á USC polos centros, departamentos, institutos, centros de investigación, estacións, grupos de investigación ou investigadores individuais da USC debe ser inscrito no Rexistro de investigadores, o que facilitará a xestión e evitará incidencias.

Santiago de Compostela, 06 de marzo de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AYUDAS FPU
Modificación de las resoluciones por las que se convocan ayudas FPU
Publicado: 01/03/2018

Trasládase información relativa ás axudas FPU do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte:

“Estimados/as señores/as:

 Les informamos de la publicación en el sitio web del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de cuatro resoluciones que modifican las correspondientes resoluciones previas por las que se convocaron ayudas de Formación del Profesorado Universitario (FPU). El propósito de esta modificación es dar la opción a las personas beneficiarias en activo del programa de optimizar su formación en competencias docentes e investigadoras y facilitar su futura incorporación al sistema español de educación superior y de investigación científica, objetivo último de este programa de ayudas. Para ello se elimina el límite máximo de 120 horas de colaboración en tareas docentes a lo largo de toda la ayuda FPU, de forma que el único límite pasa a ser las 60 horas anuales que establece el Real Decreto 63/2006, de 27 de enero, por el que se aprueba el Estatuto del personal investigador en formación.

Las resoluciones pueden ser consultadas desde los siguientes enlaces:

Estas modificaciones no suponen ninguna nueva obligación para las personas beneficiarias, puesto que no se ha visto alterado el límite inferior de horas de colaboración en tareas docentes.”

Santiago de Compostela, 01 de marzo de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

PREDOUTORAIS XUNTA DE GALICIA
Listaxe de persoas que van realizar a estadía asociada á convocatoria de axudas predoutorais do 2017 para o ano 2018
Publicado: 20/02/2018

Con data 16/02/2018, publicouse na web da Xunta da Galicia a listaxe das persoas beneficiarias dunha estadía vinculada á convocatoria de Axudas Predoutorais predoutorais do 2017 para o ano 2018.

Consultar listaxe

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018
A Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] más

CONTRATACIÓN DE PERSOAL
Instrucción I/2018 da Vicerreitoría de Investigación e Innovación relativa as Convocatorias Públicas de Contratación do Persoal
Publicado: 16/02/2018

Información moi importante realativa ás Convocatorias Públicas de Contratación do Persoal Asociado a Actividades de I+D que pode consultar no seguinte enderezo http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2209_gl.pdf

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018
A Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] más

AXUDAS
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral do SUG Modalidade A e B
Publicado: 08/02/2018

No Diario Oficial de Galicia do día 6 de febreiro de 2018 publicouse a orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación predoutoral modalidade A e B. Rógase que extreme o coidado e cumprimente o formulario ED481A que é o correspondente ás universidades.

Información convocatoria e procedemento de presentación: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2201_gl.pdf

Santiago de Compostela, 07 de febreiro de 2018
A Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] más

AXUDAS PARA CONTRATOS PREDOUTORAIS PARA A FORMACIÓN DE DOUTORES
Resolución de solicitudes excluidas Predoutoral (antigas FPI) 2017
Publicado: 17/01/2018

Con data do 15 de xaneiro de 2018 publicouse a resolución de solicitudes excluidas das axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores (antigas FPI).

Ver resolución

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] más


<< Otros avisos

Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto