USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Unidades de Investigación
Catálogo de Grupos de Investigación
Investigadores
Centros e Institutos de Investigación
Departamentos
Servicios de apoyo a la investigación
Informes de I+D de la USC

Servicios a la Investigación
Servicios a investigadores
Área de Valorización, Transferencia y Emprendimiento

Otros
Registro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estrategia de Recursos Humanos para Investigadores
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2018
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Prensa
Avisos
Eventos
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación de la USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2019
Calculadora de contratos

Xestións On-Line
Certificaciones y acreditaciones obtidas por la USCCertificaciones y acreditaciones
Avisos
CONVOCATORIA 2019
Axudas á Proxectos, Destinados ao Desenvolvemento de Medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
Publicado: 15/05/2019

Con data do 15 de maio publicouse no taboleiro de anuncios da Universidade de Santiago de Compostela a Convocatoria de Axudas á Investigación da Universidade de Santiago de Compostela para a Realización de Proxectos, Destinados ao Desenvolvemento de Medidas do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, para no ano 2019.

Información da convocatoria

Prazo: dende o 16 de maio de 2019 ao 31 de maio de 2019 ambos incluidos.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS PARA PUBLICACIÓNS EN ABERTO 2019
Convocatoria de axudas para publicacións en aberto 2019
Publicado: 14/05/2019

Co obxecto de mellorar a presenza da Universidade nos rankings internacionais e incentivar a publicación en aberto nas mais prestixiosas publicacións do JCR, SCOPUS e outras bases de datos de recursos bibliográficos electrónicos de referencia, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación publica esta convocatoria de axudas para publicacións en aberto.

Información da convocatoria

Prazos de presentación:

- Prazo 1: entre o 15 de maio e o 31 de maio de 2019 ambos inclusive para os artigos con comunicación de admisión para publicación con anterioridade a esa data.
- Prazo 2: entre o 1 e 20 de outubro de 2019 ambos inclusive para os artigos con comunicación de admisión para publicación con anterioridade a esa data.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

BOLSAS DE VERÁN EN CENTROS SINGULARES DE INVESTIGACIÓN
Listaxe definitiva de aspirantes admitidos na convocatoria de Bolsas de Verán en Centros Singulares de Investigación
Publicado: 10/05/2019

Con data 9 de maio tivo lugar a publicación no taboleiro electrónico da USC da listaxe definitiva de aspirantes admitidos na convocatoria de Bolsas de Verán en Centros Singulares de Investigación.

Máis información

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

XACOBEO 2021
Expresión de Interese para Congresos Xacobeo 2020-2021
Publicado: 07/05/2019

Co obxectivo de promover unha posible liña de axudas á organización de Congresos e Reunións Científicas de relevancia susceptibles de ser incluídos e cofinanciados no marco da programación do Xacobeo, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación publica esta convocatoria de expresións de interese.

Santiago de Compostela, 07 de maio de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] más

PROGRAMA ESTATAL DE GENERACIÓN DE CONOCIMIENTO Y FORTALECIMIENTO CIENTÍFICO Y TECNOLÓGICO DEL SISTEMA DE I+D+I E RETOS INVESTIGACIÓN
Programa Estatal de Generación de Conocimiento y Fortalecimiento Científico y Tecnológico del Sistema de I+D+i e Retos Investigación
Publicado: 26/04/2019

Con data de 26 de abril publicase na sede electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, as resolucións provisorias do procedemento de concesión de axudas ás convocatorias 2018 de “Proyectos I+D de Generación de Conocimiento” do programa estatal de Generación de Conocimiento y Fortalecimiento científico y Tecnológico del Sistema de I+D+I (https://sede.micinn.gob.es/stfls/eSede/Ficheros/2019/Propuesta_Resolucion_Provisional_Proyectos_Generacion_Conocimiento_2018_fda.pdf), e de “Retos Investigación” do programa estatal de I+D+i orientada a Los Retos de la Sociedad (https://sede.micinn.gob.es/stfls/eSede/Ficheros/2019/PRP_Retos_Investigacion_2018.pdf).

A partir do día seguinte a dita publicación, estará aberto o prazo, para que os/as investigadores/as principais das axudas concedidas provisoriamente, acepten a financiación e as condicións,  deisistan da solicitude ou presenten alegacións.

No caso daquelas axudas para as que non se conceda provisoriamente financiación, os/as investigadores/as poderán presentar alegacións.

As aceptacións, desistimentos e alegacións deberán estar presentadas polo investigador na sede electrónica do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través de Facilit@, antes das 15 horas do o día 10 de maio.

Unha vez presentado polo/a investigador/a o devandito documento, este/a deberá enviar a cittinfo@usc.es o xustificante co fin de que o representante legal poida validar na dita sede electrónica a solicitude presentada dentro do prazo previsto na resolución.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

PROGRAMAS EUROPEOS DE I+D E DE EDUCACIÓN
Participación das entidades do Reino Unido en programas europeos de I+D e de Educación
Publicado: 24/04/2019

Ante as dúbidas que xera o BREXIT e como afecta (ou afectará) o mesmo á participación de universidades e outras entidades do Reino Unido nos distintos programas europeos de financiamento da I+D (como H2020) e Educación (como Erasmus+), pode consultar a información actualizada elaborada directamente pola Oficina de Investigación do Reino Unido (UKRO) no seguinte enlace ver información.

Enlace a UKRO: (https://www.ukro.ac.uk/).

Información máis detallada no caso de que non haxa acordo (no-deal) pódese atopar premendo aquí

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

PROGRAMA DE CONSOLIDACIÓN 2019
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas GRC e GPC
Publicado: 11/04/2019

Con data 10 de abril saiu na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e para o 2019.

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas nas modalidades de GRC e GPC

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26896

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] más

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SUG
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria de axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG ano 2019
Publicado: 09/04/2019

Con data 8 de abril saiu na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para as axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o ano 2019.

Ver resolución

Máis infomación

Santiago de Compostela, 09 de abril de 2019
A Oficina de Investigación e Innovación
[+] más

PROGRAMA DE CONSOLIDACIÓN 2019
Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas GRC e GPC
Publicado: 25/03/2019

Con data 25 de marzo saiu na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas para as Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e para o 2019.

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas, grupos de referencia competitiva (GRC)

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas, grupos de potencial crecemento (GPC)

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26896

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2019
A Oficina de Investigación e Innovación
[+] más

VER CONFERENCIA-COLOQUIO
Encontro con José Manuel Fernández Labastida, Director de Xestión Científica do Consello Europeo de Investigación (European Research Council-ERC)
Publicado: 07/03/2019

Poden ver no seguinte enlace http://tv.usc.es/serial/index/id/636 a conferencia-coloquio celebrada o 1 de marzo con José Manuel Fernández Labastida, Director do Departamento de Xestión Científica do Consello Europeo de Investigación, na que presentou os obxectivos e programas da UE en materia de Investigación e Ciencia Excelente.

O European Research Council foi creado pola Unión Europea fai 12 anos para impulsar a ciencia máis innovadora en todos os ámbitos científicos co fin de mellorar o carácter dinámico, a creatividade e a excelencia da investigación europea nas fronteiras do coñecemento, así como axudar a Europa a manter e atraer ás mellores persoas no eido da investigación de calquera nacionalidade. As axudas do ERC son actualmente recoñecidas como unha garantía de excelencia dentro da comunidade científica, e desde o ano 2007 seleccionou ao redor de 9.000 proxectos nos que, na actualidade, entre persoal posdoutoral, predoutoral e de apoio, hai máis de 50.000 persoas traballando e formándose en investigación. Entre os/as beneficiarios/as hai máis de 400 investigadores españois de primeiro nivel  que teñen recibido perto de 700 millóns de euros de financiación dos programas do ERC.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE PROFESORADO UNIVERSITARIO (FPU)
Relación definitiva de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU)
Publicado: 27/02/2019

Con data 25 de febreiro saiu na páxina web do Ministerio de Educación a relación definitiva de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU).

Ver resolución

Máis infomación

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2019
A Oficina de Investigación e Innovación
[+] más


<< Otros avisos

Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto