Xestións On-Line |  |
|
Referencias en la Prensa a la Investigación en la USCCon el objetivo de que la sociedad conozca la utilidad de la labor investigadora de la Universidad de Santiago, y también que la industria identifique a la Investigación como socio con experiencia y prestigio en la realización de proyectos científicos-tecnológicos, la OIT incluye en sus actividades la divulgación de la investigación desarrollada en la USC
Notas de Prensa | I+D | A USC, entre as universidades españolas con maior rendemento en I+D, taxa de éxito académico e transferencia | Publicado: 25/5/2023 | A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense entre as universidades españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licenzas, publicacións internacionais con elevado nivel de citacións e creación de spin-offs, así como en captación e liquidación de fondos, segundo se deprende da décima edición do ‘ránking’ sobre as universidades españolas que vén de publicar a Fundación CYD (Coñecemento e Desenvolvemento) e no que se recollen datos do conxunto de España, por comunidades e universidades. De feito, na elaboración deste estudo está incluídos datos de 80 universidades públicas e privadas ao tempo que se analizan resultados de 29 ámbitos de coñecemento e 3.266 titulacións.
Máis información |
| I+D | Investigadores do Campus Terra pescudan no mecanismo de toxicidade das biotoxinas co proxecto europeo BIOTOXDoc | Publicado: 21/4/2023 |
O grupo de investigación Farmatox da USC, coordinado polo catedrático da área de Farmacoloxía na Facultade de Veterinaria do Campus Terra, Luis Miguel Botana, pescuda no mecanismo que provoca a toxicidade das biotoxinas ao abeiro do proxecto BIOTOXDoc, un programa internacional incluído na estratexia Horizonte Europea, no que participan máis dunha ducia de entidades europeas.
Máis información |
| CIQUS | TraffikGene avanza nas terapias de ARN mensaxeiro en inmunoterapia contra o cancro | Publicado: 31/3/2023 | TraffikGene é o proxecto da USC, liderado polo profesor Javier Montenegro, que se centra no desenvolvemento dunha tecnoloxía baseada en péptidos para crear vehículos que facilitan a entrega eficiente de ácidos nucleicos e ribonucleoproteínas con potencial aplicación terapéutica. O reitor Antonio López acompañou este luns 27 ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, na súa visita ao o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) para que coñecese de primeira man os detalles deste proxecto que recibe financiamento a cargo do programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación. O proxecto foi seleccionado tamén polo programa EIC Transition do Consello Europeo de Investigación (ERC) e, polo tanto, é o primeiro en Galicia en recibir fondos desta convocatoria, unha das máis prestixiosas e competitivas no eido da transferencia de coñecemento.
Máis información |
| CIQUS | Tres equipos da USC recollen os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 | Publicado: 7/3/2023 | A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) entregou este mércores 1 os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 aos investigadores da USC que lograron modificar moléculas individuais, un achado con múltiples aplicacións na medicina e na industria, como a distribución intelixente de fármacos. O proxecto que foi premiado na modalidade de investigadores sénior recaeu no equipo liderado por Diego Peña, do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), xunto a investigadores de IBM en Zúric e das Universidades de Oxford, King Abdullah de Arabia Saudita e Regensburg (Alemaña).
Máis información |
|
|
Buscador Prensa
|
En los últimos seis años se ha difundido información sobre más de 300 proyectos y liñas de investigación que han supuesto más de 800 referencias en diferentes medios.
Las notas de prensa originales que dieron lugar a esta información en los periódicos pueden ser consultadas en el siguiente buscador:
|
|
Lista de distribución | El Vicerrectorado envía puntualmente información de gran interés para los investigadores a través de la lista de distribución USC-INVESTIGACION. Ayuda y soporte
Esta web dispone igualmente de un Canal RSS que recoge las últimas actualizaciones.
|
|