USC » Research » Notices
Research Resources
Research Groups
USC Researchers

Investigation Service
Services to personal researchers

Others
Registro de Investigadores/as Visitantes
Forms, rules,...
HRS4R - Human Resources Strategy for Researchers
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Frequently Asked Questions (FAQs)
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Relevant information
Job opportunities
USC Research Contracts
Resolución reitoral pola que reabre o plazo de presentación de solicitudes das convocatorias 3/2020 e 4/2020_I, interrompido pola suspensión dos plazos administrativos do estado do estado de alarma declarado o 14 de marzo 2020
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2020
Reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de errores del reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Contracts calculator
Press releases
Notices
Events

Formalities On-Line
Certifications and accreditations obtained by the USCCertifications and accreditations
Notices
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN (GAIN)
Próxima convocatoria de axudas Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Published: 31/07/2020

No día de onte foi aprobada no Consello da Xunta de Galicia a convocatoria para a concesión de axudas para o rescate dos proxectos de investigación galegos presentados á convocatoria de expresións de interese do Instituto de Salud Carlos III para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19.

A través desta convocatoria de axudas, en concorrencia competitiva, o GAIN ten como obxectivo financiar aqueles proxectos que foron avaliados positivamente polo Comité Técnico de Avaliación da convocatoria COVID-19 do ISCIII.

Ante a necesidade extraordinaria provocada pola pandemia, o GAIN considera necesario apoiar dende a xunta de Galicia aqueles proxectos de investigación de centros de coñecemento galegos que foron presentados na citada convocatoria e que foron seleccionados, pero non financiados polo ISCIII, medíndose cos mais de 1.400 proxectos presentados no conxunto do Estado.

Nos próximos días se publicará no DOGA a convocatoria, e se dará un prazo dun mes dende a súa publicación para presentar a solicitude.

Os proxectos poderán desenvolverse entre o ano 2020 e 2022.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS INVESTIGACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Convocatoria de axudas á investigación da USC para a realización de proxectos destinados ao desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero ano 2020
Published: 20/07/2020

Ven de publicarse no taboleiro electrónico da USC a convocatoria de axudas á investigación da universidade de santiago de compostela para a realización de proxectos, destinados ao desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero, para o ano 2020.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

IMPORTANTE
Información importante sobre contratos investigación no mes de agosto
Published: 15/07/2020

De acordo co establecido na Instrución da Xerencia I/2020, que establece o peche dos centros docentes do 10 ao 23 de agosto, non se iniciará ningún contrato novo entre o 10 e o 23 de agosto (ambos inclusivos) cuio centro de traballo sexa un centro docente (Facultades, ETSE e EPSE).

Asemade, de acordo co establecido na Instrución da Xerencia IX/2020, que establece o peche das instalacións con carácter xeral entre o 3 e o 16 de agosto, non se poderá asinar ningún contrato entre o 3 e o 20 de agosto, o que deberán ter en conta á hora de planificar a data de incorporación do persoal investigador no grupo de traballo.

Tendo en conta esta situación, o prazo de recepción de propostas da convocatoria 8/2020 do mes de agosto, que estaba previsto para o 4 de agosto, adiantarase ó 27 de xullo para ocasionar o menos prexuízo posible nas contratacións.

Deben ter en conta que toda proposta de convocatoria 8/2020 que chegue a partir do día 27 de xullo, pasará a formar parte da convocatoria do mes de setembro.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

REDE DE INFRAESTRUTURAS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN E AO DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO (RIAIDT)
Calendario das Unidades da RIAIDT durante os meses de verán do 2020
Published: 13/07/2020

Na web da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) publicouse un documento no que se recollen as datas de peche das diferentes unidades de apoio á investigación durante os meses de verán.

Consultar calendario

[+] more

RECORDATORIO
Axudas á mobilidade para estancias breves e traslados temporais para beneficiarios do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU)
Published: 03/07/2020

Lembrámoslles que está aberta na web do Ministerio de Educación y Formación Profesional a convocatoria de Axudas á mobilidade para estancias breves e traslados temporais para beneficiarios do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU).

Santiago de Compostela, 03 de xullo de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS E OUTRAS ACCIÓNS DE FOMENTO NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (SUG)
Redistribución das anualidades e modificación dos prazos de xustificación en diversas convocatorias das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)
Published: 29/06/2020

ORDE do 12 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se redistribúen as anualidades e se modifican os prazos de xustificación en diversas convocatorias de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19.

Consultar resolución D.O.G.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

#HACKATHOME
#HACKatHOME: traballo en equipo para atopar solucións innovadoras a grandes retos
Published: 16/06/2020

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza os vindeiros 27 a 30 de xuño o primeiro hackaton virtual para crear solucións innovadoras para adaptar o tecido empresarial galego á nova realidade. Co apoio de empresas tecnolóxicas, universidades e persoas innovadoras, búscase dar resposta traballando en equipo a cinco retos da industria, o comercio e o emprego.

Poden atopar toda a información neste enlace Ver a versión en liña

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SUG 2020
Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas das Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG 2020
Published: 10/06/2020

Ven de publicarse na Web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas das axudas predoutorais

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30192

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

SERVIZO DE PRÉSTAMO BAIXO DEMANDA NA BUSC
SERVIZO DE PRÉSTAMO BAIXO DEMANDA NA BUSC
Published: 08/06/2020

A BUSC ofrece desde o dia 27 de maio o servizo de préstamo a domicilio, mediante o sistema de cita previa, exclusivamente para os membros da comunidade universitaria da USC. Poden solicitarse libros en préstamo e/ou facer devolucións dos que teña prestados o usuario.

As instrucións para obter unha cita previa poden consultarse na páxina web https://biblioteca-usc.gal/guia/prestamo-mediante-cita-previa/

Desde esta semana, todas as bibliotecas dos centros universitarios estarán abertas sumándose ao servizo de préstamo con cita previa para recollida e devolución de libros. En breve disporán das medidas de protección e seguridade necesarias que permitan que o persoal que estea autorizado a entrar nos centros poda realizar devolución/préstamo nesas bibliotecas (baixo previa petición). A Biblioteca Concepción Arenal abrirase para o persoal autorizado polos centros de Dereito, Relacións Laborais e Políticas igualmente con cita previa para a recollida e devolución de libros.

Os/As alumnos/as poderán solicitar préstamos e devolución de libros nos puntos de atención ao público establecidos nas bibliotecas:

  • Biblioteca Xeral – Campus de Santiago (9-14h e 16-20h).
  • Biblioteca Intercentros – Campus de Lugo (9-14h).

Non está permitida en ningunha biblioteca a deambulación polos depósitos, polas coleccións en libre acceso nin lectura en sala, atendendo aos protocolos establecidos co Servizo de Prevención de Riscos da USC.

Pode consultar o aviso firmado electrónicamente polo Vicerreitor de Investigación e Innovación no seguinte enlace

Santiago de Compostela, 08 de xuño de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

TRANSICIÓN A HORIZON EUROPE (2021-2027)
Transición a Horizon Europe (2021-2027): Primeras convocatorias ERC (StG, CoG, AdG e PoC)-2021
Published: 06/06/2020

Espérase que as novas convocatorias do novo Programa Marco da UE (Horizon Europe) abran ao inicio do ano 2021. En concreto, no que respecta ás convocatorias 2021 das axudas xestionadas polo ERC (European Research Council), as datas provisorias de peche das distintas modalidades individuais son as seguintes: StG (09/03/2021), CoG (20/04/2021), AdG (31/08/2021) e PoC (convocatoria aberta con peches en 16/03/2021, 17/06/2021 e 20/10/2021).

Lembramos que o cambio máis significativo con respecto a anteriores convocatorias do ERC céntrase nas axudas AdG para as que o proceso de avaliación no Horizon Europe será en dúas fases de xeito que as persoas candidatas que superaran a Fase 1 terán que "presentar" o seu proxecto ante o panel correspondente na Fase 2.

Informamos igualmente que o Plan Estatal abriu, dentro das Accións de Dinamización – Europa Investigación 2020, unha convocatoria (enlace) para a solicitude de axudas dirixidas á elaboración e presentación de propostas coordinadas (de até 15.000 eur) en distintas prioridades do Programa Marco, incluíndo tamén axudas (de até 10.000 Eur) a posibles candidatos/as que vaina presentar unha proposta nas convocatorias individuais do ERC.

Máis información

Santiago de Compostela, 06 de xuño de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS PARA CONTRATOS PREDOUTORAIS PARA A FORMACIÓN DE DOUTORES 2019
Proposta de resolución provisional das Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores 2019 (antigas FPI)
Published: 03/06/2020

Ven de publicarse na Web do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, a Proposta de resolución provisional das Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores (antigas FPI).

Propuesta de resolución provisional. Convocatoria 2019. 02/06/2020

 Santiago de Compostela, 03 de xuño de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

RESUMO AXUDAS I+D+I
Resumo axudas I+D+i
Published: 23/05/2020

Información sobre convocatorias e axudas de I+D+i no seguinte enlace (data de actualización: 23 de maio de 2020).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN PREDOUTORAL DO SUG MODALIDADE A E B
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral do SUG Modalidade A e B (cambio lugar videoconferencia en Lugo a E.P.S.)
Published: 11/02/2020

No Diario Oficial de Galicia do día 06 de febreiro de 2020 publicouse a orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación predoutoral modalidade A e B.

Convócase a todas as persoas interesadas a unha Sesión Informativa sobre estas axudas así como o procedemento de presentación de solicitudes das Axudas Predoutorais da Xunta de Galicia.

Data: martes 11 de febreiro

Hora: 12:00 h

Lugar: Aula Magna Facultade de Matemáticas, Campus Vida, Santiago de Compostela e con videoconferencia coa Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Campus de Lugo.

A partir do 11 de febreiro estará disponible na paxina web da Vicerreitoria de Investigación e Innovación o procedemento e información da presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN PREDOUTORAL
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral do SUG Modalidade A e B
Published: 06/02/2020

No Diario Oficial de Galicia do día 06 de febreiro de 2020 publicouse a orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación predoutoral modalidade A e B.

Convócase a todas as persoas interesadas a unha Sesión Informativa sobre estas axudas así como o procedemento de presentación de solicitudes das Axudas Predoutorais da Xunta de Galicia.

Data: martes 11 de febreiro

Hora: 12:00 h

Lugar: Aula Magna Facultade de Matemáticas, Campus Vida, Santiago de Compostela e  con videoconferencia coa Sala de Xuntas Vicexerencia Campus de Lugo.

A partir do 11 de febreiro estará disponible na paxina web da Vicerreitoria de Investigación e Innovación o procedemento e información da presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 06 de febreiro de 2020
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] more


<< Other notices

Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contact