USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Unidades de Investigación
Catálogo de Grupos de Investigación
Investigadores
Centros e Institutos de Investigación
Departamentos
Servizos de apoio á investigación
Informes de I+D da USC

Servizos á Investigación
Servizos a investigadores
Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2018
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Prensa
Avisos
Eventos
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2019
Calculadora de contratos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións
Avisos
CARTA DE DESPEDIDA
Carta de despedida Emilio Santos Vigo (Xefe do Servizo de Convocatorias e RRHH de I+D
Publicado: 20/02/2019

Prezados/as investigadores/as,

Despois de preto de 40 anos de servizo nesta institución, o día 22 de febreiro darei un paso ao lado e xubilareime.

Voume con sentimentos encontrados: feliz, porque disporei de máis tempo para dedicarme a algunha das grandes paixóns que teño bastante abandonadas,  pero tamén triste por deixar atrás esta etapa tan satisfactoria da miña vida profesional.

Non quero despedirme sen agradecer a vosa colaboración e comprensión no desenvolvemento do meu traballo. Foi un privilexio e un pracer compartir todos estes anos con todos vos,  nos que sempre me guiou o principio de defensa dos intereses da Universidade

Agradezo tamén á Universidade, da que sempre me sentín orgulloso, as oportunidades que me deu para medrar persoal e profesionalmente.

Esta nova etapa non quero que supoña un adeus, senón un ATA SEMPRE.

Unha aperta.

Emilio Santos Vigo

Xefe do Servizo de Convocatorias e Recursos Humanos de I+D

[+] máis

PRINCIPIA 2019
Convocatoria contratación PRINCIPIA 2019
Publicado: 12/02/2019

O obxecto da presente convocatoria é contratar persoal para colaborar nas actividades cofinanciadas entre a Universidade de Compostela e o GAIN (Programa PRINCIPIA).

Información da convocatoria

A presentación de solicitudes será realizada pola Universidade, para determinar os perfís que se van a incluír os grupos de investigación achegarán, antes das 14 horas do día 14 de marzo, á dirección  de correo electrónico: recursoshumanos.programas@usc.es  a seguinte documentación:

  • Compromiso de Cofinanciamento do Contrato incluíndo a partida orzamentaria que asumirá o custo (anexo I)
  • Informe xustificativo da contratación, asinado polo Coordinador do grupo de investigación (anexo II).

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

AXUDAS PARA CONTRATOS PREDOUTORAIS PARA A FORMACIÓN DE DOUTORES
Resolución de solicitudes excluidas Predoutoral (antigas FPI) 2018
Publicado: 05/02/2019

Con data do 01 de febreiro de 2019 publicouse a resolución de solicitudes excluidas das axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores (antigas FPI).

Ver resolución

Máis información

Santiago de Compostela, 05 de febreiro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] máis

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN PREDOUTORAL
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral do SUG Modalidade A e B
Publicado: 04/02/2019

No Diario Oficial de Galicia do día 30 de xaneiro de 2019 publicouse a orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación predoutoral modalidade A e B. Rógase que extreme o coidado e cumprimente o formulario ED481A que é o correspondente ás universidades.

Información convocatoria e procedemento de presentación

Santiago de Compostela, 04 de febreiro de 2019
A Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] máis

AXUDAS DE CONSOLIDACIÓN E ESTRUCTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS
Procedemento de Presentación das Axudas de Consolidación e Estructuración de Unidades de Investigación Competitivas 2019
Publicado: 01/02/2019

Infórmase a todas as persoas interesadas do Procedemento de Presentación das Axudas de Consolidación e Estructuración de Unidades de Investigación Competitivas 2019.

Pódese atopar a información no seguinte enlace:

Santiago de Compostela, 01 de febreiro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis

AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE PROFESORADO UNIVERSITARIO (FPU)
Relación provisional de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU)
Publicado: 31/01/2019

Con data 29 de xaneiro saiu na páxina web do Ministerio de Educación a relación provisional de seleccionados (Primeira Fase) para as axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU).

Ver resolución

Máis infomación

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2019
A Oficina de Investigación e Innovación
[+] máis

XERENCIA
Instrución I/2019 da Xerencia sobre a aplicación da xornada de 35 horas corrixida
Publicado: 31/01/2019

Debido a un erro detectado no punto 4 da instrución subida inicialmente, achégase de novo a instrución I/2019 da Xerencia do 31/01/19 sobre a aplicación da xornada de 35 horas:  Ver instrución

Santiago, 31 de xaneiro de 2019
Oficina de Investigación e Tecnoloxía
[+] máis

XUNTA DE GALICIA
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral e Axudas de Consolidación e Estruturación de unidades de investigación do SUG
Publicado: 31/01/2019

Comunícase a todos os interesados e a todas as interesadas que o día de 30 de xaneiro publicáronse no D.O. G. dúas convocatorias da Xunta de Galicia:

Axudas de Apoio á Etapa de Formación Predoutoral do SUG Modalidade A e B

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia ano 2019

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2019
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] máis


<< Outros avisos

Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto