USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Unidades de Investigación
Catálogo de Grupos de Investigación
Investigadores
Centros e Institutos de Investigación
Departamentos
Servicios de apoyo a la investigación
Informes de I+D de la USC

Servicios a la Investigación
Servicios a investigadores
Área de Valorización, Transferencia y Emprendimiento

Otros
Registro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
XIII Encontro das Unidades de Xestión da Investigación das universidades españolas
HRS4R - Estrategia de Recursos Humanos para Investigadores
Acordo incremento retributivo 2016 ao persoal contratado con cargo de activiades de I+D+i
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2017
RIGA
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación

Destacados
Prensa
Avisos
Eventos
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación de la USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2018
Guía de Convocatorias
Calculadora de contratos

Xestións On-Line
Certificaciones y acreditaciones obtidas por la USCCertificaciones y acreditaciones
Avisos
PROGRAMA PRINCIPIA 2018
Solicitudes recibidas da Convocatoria contratación PRINCIPIA 2018
Publicado: 19/06/2018

Listado de solicitudes presentadas ao programa PRINCIPIA unha vez rematado o prazo interno para a recepción de solicitudes dos Grupos de Investigación da USC.

SOLICITANTES PRINCIPIA 2018 GRUPO
CARMEN CADARSO SUAREZ GI-2127
CELA TORRIJOS RAFAEL GI-1626
ALFREDO BERMUDEZ DE CASTRO  GI-1563
FERNANDEZ RIVERA FRANCISCO MANUEL GI-1632
GONZALEZ MATEIGA WESCELAO GI-1914
GRANJA GUILLAN JUAN RAMON GI-2132
NOGUEIRA POZO RUBEN GI-1233
PEREZ MUÑUZURI ALBERTO GI-1896

Información da convocatoria

USC-Oficina de Investigación e Tecnoloxía: 16215/16213, recursoshumanos.programas@usc.es

GAIN-Axencia Galega de Innovación: 981 999 121 servizos@xunta.es

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

CONVOCATORIA DE AXUDAS FOMENTO CULTURA CIENTÍFICA 2017
Resolución definitiva da Convocatoria de axudas Fomento Cultura Científica 2017
Publicado: 18/06/2018

Pode consultar a resolución definitiva de concesión e denegación de solicitudes aprobada pola Junta Rectora del Patronato de la FECYT, na súa reunión do 9 de xuño de 2018, á vista da resolución provisional aprobada o 5 de marzo de 2018, pola Comisión de Avaliación da Convocatoria de Axudas e analizados os escritos de alegación recibidos:

https://www.convocatoria.fecyt.es/publico/Resolucion/__Recursos/Resolucion_definitiva_concedidas.pdf

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

 

[+] más

BOLSAS DE COLABORACIÓN CURSO 2018-2019
Bolsas de Colaboración Curso 2018-2019
Publicado: 15/06/2018

O Ministerio de Educación ven de asignar á USC 82 Bolsas de Colaboración para o curso 2018-2019, destinadas a iniciar nas tarefas de investigación ao alumnado do último curso do grao ou segundo ciclo ou primeiro curso de Máster que preste a súa colaboración nun Departamento, Instituto de Investigación, Centro Singular en réxime de compatibilidade cos seus estudos.

Pode consulta-la convocatoria na seguinte ligazón: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2289_gl.pdf

Pode baixar o formulario na seguinte ligazón: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2288_gl.doc

A Vicerreitoría de Investigación e Innovación quere agradecer a súa colaboración neste proceso.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018
[+] más

AXUDAS DE CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS
Información actualizada do Procedemento de Presentación das Axudas de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas 2018
Publicado: 15/06/2018

Infórmase aos Grupos interesados en participar na Convocatoria de Axudas para a Consolidación e a Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas, o seguinte:

  1. Xunto co Certificado de requisitos deben enviar, de ser o caso, as certificacións dos ingresos das actividades de investigación obtidos en institucións diferentes da Universidade de Santiago de Compostela.
  1. O formato obrigatorio da memoria é o que se atopa no seguinte enlace: http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-31-55&id=3294&t=5&st=1. Polo que se deben extremar as precaucións e empregar o formato correcto.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS POSDOUTORAIS XUNTA DE GALICIA 2018
Declaración de interese recibidas das Axudas Posdoutorais Modalidade A
Publicado: 14/06/2018

Publícase a relación das declaracións de interese recibidas da convocatoria de Axudas de Apoio á Etapa de Formación Posdoutoral Modalidade A.

Consultar listaxe declaración

No caso de que presentara unha declaración de interese para esta convocatoria e non apareza nos listados publicados debe enviarnos un correo electrónico a recursoshumanos.programas@usc.es facendoo constar.

[+] más

AXUDAS DE CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS
Información actualizada do Procedemento de Presentación das Axudas de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas 2018
Publicado: 13/06/2018

Infórmase aos Grupos interesados en participar na Convocatoria de Axudas para a Consolidación e a Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas, que o número de indicadores a reflectir na memoria son 5.

Pódese atopar a información no seguinte enlace: 

Máis documentación

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS DE CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN 2018
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG 2018
Publicado: 05/06/2018

Comunícase aos Investigadores que a Consellería de Cultura, Educacion e Ordenación Universitaria publicou esta mañá no DOG a convocatoria de Axudas de Consolidación 2018.

Santiago de Compostela, 05 de xuño de 2018
Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] más

AXUDAS PARA CONTRATOS PREDOUTORAIS PARA A FORMACIÓN DE DOUTORES
Resolución concesión das Axudas para Contratos Predoutorais (antigas FPI) 2017
Publicado: 05/06/2018

Con data do 1 de xuño de 2018 publicouse a resolución de concesión das axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores 2017 (antigas FPI).

Ver resolución

Santiago de Compostela, 05 de xuño de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] más

PRINCIPIA 2018
Convocatoria contratación PRINCIPIA 2018
Publicado: 29/05/2018

O obxecto da presente convocatoria é contratar persoal para colaborar nas actividades cofinanciadas entre a Universidade de Compostela e o GAIN (Programa PRINCIPIA).

Información da convocatoria: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2274_gl.pdf

A presentación de solicitudes será realizada pola Universidade, para determinar os perfís que se van a incluír os grupos de investigación achegarán, antes das 14 horas do día 14 de xuño, á dirección  de correo electrónico: recursoshumanos.programas@usc.es  a seguinte documentación:

  • Compromiso de Cofinanciamento do Contrato incluíndo a partida orzamentaria que asumirá o custo (anexo I)
  • Informe xustificativo da contratación, asinado polo Coordinador do grupo de investigación (anexo II).

Máis información

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

 

 

[+] más

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN POSDOUTORAL 2018
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Posdoutoral Modalidade A
Publicado: 25/05/2018

No Diario Oficial de Galicia do día 24 de maio de 2018 publicouse a orde do 30 de abril pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral modalidade A. Rógase que exteme o coidado e cumprimente o formulario ED481B que é o correspondente ás universidades.

Información convocatoria: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2263_gl.pdf

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018
Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] más

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN POSDOUTORAL 2018
Axudas de Apoio á Etapa de Formación Posdoutoral Modalidade B
Publicado: 25/05/2018

No Diario Oficial de Galicia do día 24 de maio de 2018 publicouse a orde do 30 de abril pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral modalidade B. Rógase que exteme o coidado e cumprimente o formulario ED481D que é o correspondente ás universidades.

Información convocatoria: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2267_gl.pdf

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018
Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] más

AXUDAS ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SUG
Axudas Etapa Predoutoral nas Universidades do SUG
Publicado: 24/05/2018

Con data de 16/05/2018 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a proposta de concesión das axudas á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2018

Para máis información poden consultar a páxina web, na seguinte ligazón:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24992

[+] más

AXUDAS DE CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN 2018
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG 2018
Publicado: 24/05/2018

Comunícase aos Investigadores que a Consellería de Cultura, Educacion e Ordenación Universitaria publicou esta mañá na páxiña web da Conselleria, no link http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25061  o borrador da Orde de Axudas de Consolidación 2018 que sairá publicada no DOG nos próximos días.

Tamén están publicados os Modelos de memorias de solicitude que deben presentar os investigadores.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018
Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] más

CONVOCATORIA FPU 2017
Información importante relativa as axudas Axudas para contratos predoutorais de Formación do Profesorado Universitario FPU
Publicado: 07/05/2018

O día 03 de maio de 2018 publicouse na web do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/998758/ficha/998758-2017.html) a resolución definitiva da primeira fase de selección da convocatoria FPU 2017.

Resolución por la que se publica la relación definitiva de seleccionados en la primera fase

As persoas admitidas dispoñerán, desde o día 4 ata o 18 de maio de 2018, ás 14 horas (horario peninsular), para presentar a documentación requirida para concorrer á segunda fase.

Santiago de Compostela, 07 de maio de 2018
Oficina de Investigación e Tecnoloxía

[+] más

PROGRAMA PRINCIPIA
Aviso da próxima convocatoria do programa Principia
Publicado: 02/05/2018

Comunícase a todas as persoas interesadas información referente a próxima convocatoria do programa Principia que permitirá a contratación de 110 mozos e mozas en empresas e centros de coñecemento galegos cun dobre obxectivo: favorecer a súa carreira profesional e estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.

Máis información

[+] más

ESTADÍAS BREVES FPI
Resolución da Concesión de Estadías Breves FPI
Publicado: 30/04/2018

Resolución do 26 de abril de 2018 da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se conceden Axudas á mobilidade predoutoral para a realización de estadías breves en centros de I+D españois e extranxeiros.

Máis Información.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] más

AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN 2018
Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas
Publicado: 20/04/2018

Infórmase a todas as persoas interesadas que a Xunta de Galicia acaba de informar que xunto coas convocatorias de Grupos de Referencia Competitiva e de Pontecial Crecemento sairá tamén a Convocatoria de Proxectos de Excelencia.

Tamén nos informan que este ano non haberá convocatoria de Redes de Investigación.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN 2018
Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas (Formulario de interés)
Publicado: 19/04/2018

Infórmase a todas as persoas interesadas que a comezos do mes de maio está previsto a publicación da convocatoria de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia, polo que se solicita aos grupos de investigación que estean interesados en participar en dita convocatoria que acheguen, antes das 14 horas do día 30 de abril, á dirección de correo electrónico recursoshumanos.consolidacion@usc.es,  o formulario que se achega debidamente cumprimentado.

Formulario a cumprimentar

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación

[+] más

AXUDAS PREDOUTORAIS XUNTA DE GALICIA 2018
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de apoio á etapa predoutoral da convocatoria 2018 Xunta de Galicia
Publicado: 19/04/2018

Comunícase a todos os interesados e a todas as interesadas que no día de hoxe publicouse a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de apoio á etapa predoutoral da convocatoria 2018 Xunta de Galicia.

Achégase o seguinte enlace para a súa consulta: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/247464

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018
A Vicerreitoría de Investigación e Innovación
[+] más


<< Otros avisos

Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto