Xestións On-Line |  |
|
Referencias en la Prensa a la Investigación en la USCCon el objetivo de que la sociedad conozca la utilidad de la labor investigadora de la Universidad de Santiago, y también que la industria identifique a la Investigación como socio con experiencia y prestigio en la realización de proyectos científicos-tecnológicos, la OIT incluye en sus actividades la divulgación de la investigación desarrollada en la USC
Notas de Prensa | CIQUS | Tres equipos da USC recollen os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 | Publicado: 7/3/2023 | A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) entregou este mércores 1 os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 aos investigadores da USC que lograron modificar moléculas individuais, un achado con múltiples aplicacións na medicina e na industria, como a distribución intelixente de fármacos. O proxecto que foi premiado na modalidade de investigadores sénior recaeu no equipo liderado por Diego Peña, do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), xunto a investigadores de IBM en Zúric e das Universidades de Oxford, King Abdullah de Arabia Saudita e Regensburg (Alemaña).
Máis información |
| CRETUS | Un estudo amosa como o polbo, os chocos e as luras poden garantir a seguridade alimentaria | Publicado: 20/2/2023 | Un novo artigo publicado na revista People and Nature aborda a necesidade de entender mellor o sistema alimentario de diversas especies de cefalópodos, como os polbos, os chocos e as luras, explorando as conexións entre as contribucións da natureza ás persoas, as políticas do sistema alimentario e o benestar humano. O traballo, asinado por un grupo de once autores liderados por persoal do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS), realizou unha revisión bibliográfica global de traballos vinculados aos factores do mercado que inflúen na captura, comercio e consumo do sistema alimentario dos cefalópodos. Os investigadores do CRETUS Gill Ainsworth, Pablo Pita, Sebastián Villasante e Katina Roumbedakis evidencian neste traballo que os cefalópodos achegan beneficios á natureza e ás persoas.
Máis información |
| CIQUS | Manuel Nappi, premiado nos "Thieme Chemistry Journals Award 2023" | Publicado: 17/1/2023 | A editorial Thieme Chemistry acaba de conceder o galardón "Thieme Chemistry Journals Award 2023" a Manuel Nappi, investigador junior do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS). O premio outórgase anualmente a científicos que se atopan na etapa inicial da súa carreira como investigadores independentes e que comezan a destacar no campo da química orgánica.
Máis información |
| I+D | O Meteorito de Traspena xa pode visitarse no Museo de Historia Natural | Publicado: 17/1/2023 | O 18 de xaneiro de 2021, unha gran bola de lume cruzou os ceos galegos. Tratábase dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 75 quilómetros de altura cunha velocidade de 15 Km/s e que produciu un meteorito de 527 gramos. Dende este venres, 13 de xaneiro, este fragmento de corpo celeste pode visitarse na Sala dos Meteoritos do Museo de Historia Natural (MHN), logo de ser presentado nun acto presidido polo reitor Antonio López e que contou coa participación do vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri; do director do MHN, Marcos A. González González; do director do Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" da USC, José A. Docobo Durántez; e do profesor da Área de Astronomía e Astrofísica da USC, Manuel Andrade Baliño.
Máis información |
|
|
Buscador Prensa
|
En los últimos seis años se ha difundido información sobre más de 300 proyectos y liñas de investigación que han supuesto más de 800 referencias en diferentes medios.
Las notas de prensa originales que dieron lugar a esta información en los periódicos pueden ser consultadas en el siguiente buscador:
|
|
Lista de distribución | El Vicerrectorado envía puntualmente información de gran interés para los investigadores a través de la lista de distribución USC-INVESTIGACION. Ayuda y soporte
Esta web dispone igualmente de un Canal RSS que recoge las últimas actualizaciones.
|
|