USC » Investigación » Eventos
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador

Outros
Programas propios de investigación
Persoal investigador e de apoio á investigación: a reforma laboral
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Autorización de permisos para a asistencia a congresos, xornadas, etc do persoal contratado con cargo a actividades, proxectos de investigación e programas de recursos humanos
NORMATIVA
Acordos Transformativos (AT)
Declaración Institucional de Medidas Antifraude
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Código de Boas Prácticas na Investigación
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Modificación do acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2021
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de erros do regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Eventos relacionados coa Investigación

Nesta sección recollemos algún dos eventos de interese para os investigadores.


ENCONTROS
Noite europea das Persoas Investigadoras en Galicia (G-NIGHT)

Descricion:

O 30 de setembro de 2022 celébrase en Galicia a Noite Europea das Persoas Investigadoras (G-NIGHT), un evento de divulgación científica que se celebra simultaneamente en cidades de toda Europa, e no que participará o CITMAga.

En Galicia celebrarase na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense mediante un proxecto divulgativo no que colaboran as tres universidades, CESGA, CITMAga e outros organismos de investigación.

A G-NIGHT busca achegar a figura do investigador e da investigación á sociedade en xeral, prestando especial atención ás vocacións científicas. Esta xornada xirará arredor dun rico programa de actividades que terán lugar o venres 30 de setembro a partir das 18.00 horas baixo o lema “Conciencias Creativas”, o papel do CITMAga estará presente nas seguintes actividades. Dende o centro participaremos con charlas breves no ciclo: “Matemáticas para a Terra, o mar e a vida” e nos obradoiros realizados en colaboración coa Universidade de Coruña e o CITMAga, que levan por título “Camiños curtos, camiños rápidos e camiños imposibles”.

“Matemáticas para a Terra, o mar e a vida”: un ciclo de charlas de divulgación científica e investigación en matemáticas para poñer en valor esta ciencia ou disciplina para espertar novas vocacións matemáticas nos máis novos. As charlas en Santiago de Compostela terán lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, e en Vigo serán no Edificio das Redeiras na Praza do Berbés, en salas habilitadas para tales fins. Todas as charlas poderanse ver “in situ” desde ambas localizacións. Ademais, o CITMAga realizará obradoiros en colaboración coa UDC na cidade de Ferrol.

Pódese ver o programa completo coas “Charlas” e os “Obradoiros” aquí: https://citmaga.gal/w/g-night-noite-europea-das-persoas-investigadoras-en-galicia

Máis información en:
https://gnight.gal/
Twitter: @GNight_gal / @CITMAga


Data do evento: 30/09/2022



WORKSHOP
Workshop Acidificación do Océano

Descricion:

O obxectivo de organizar este workshop sobre acidificación dos océanos consiste en establecer relacións entre profesionais no eido da ciencia, a xestión de recursos, responsables políticos e público co fin de investigar e supervisar os efectos do cambio da química dos océanos en ecosistemas de importancia económica e ecolóxica, como as pesqueiras e os arrecifes de coral.

Programa

17 outubro - 09.30 a 12:00h (CEST - Vigo, Madrid, Paris) | 12:00 a 14:30h (IRST - Tehran)
• Ocean Acidification for Sustainability. Dr. Katherina Schoo
• How pH measurements have evolved since the 90's. Dr. Noelia Fajar
• Low-cost biochemical sensors. Dr. Antón Velo
• Ocean acidification and hypoxia in marine ecosystems (with the focus on the Persian Gulf). Dr. Abolfazl Saleh

18 outubro - 09.30 a 12:00h (CEST - Vigo, Madrid, Paris) | 12:00 a 14:30h (IRST - Tehran)
• Ocean acidification: Potential impact on mussel aquaculture. Dr. Jose M. F. Babarro
• Ocean Acidification Research in the Mediterranean Sea: Status, Trends and Next Steps. Dr. Abed El Rahman Hassoun
• Ocean acidification and mangrove ecosystems. Dr. Maryam Ghaemi
• Acidification but not just: Climate change impacts on shellfisheries. Dr. Laura G. Peteiro

Programa completo

Inscrición

A participación está aberta a profesionais da ciencia mariña, persoal investigador e estudantado. As persoas interesadas poden acceder á sala en liña na seguinte ligazón: https://www.skyroom.online/ch/inioas/workshop

* Emitirase un certificado electrónico aos participantes inscritos.

Para o rexistro, envíe a seguinte información a foroghi@inio.ac.ir, fahimeh.foroughi@gmail.com ata o 14 de outubro de 2022:
Nome completo, título académico e campo de estudo, institución/universidade, país, correo electrónico.

* O rexistro é gratuíto.


Data do evento: 17/10/2022 - 18/10/2022
Ligazón de interese: https://bit.ly/workshop_on_ocean_acidification



Vicerreitoría de Política Científica | imaisd@usc.gal | Contacto