Xestións On-Line |  |
|
Referencias na Prensa á Investigación na USCCo obxectivo de que a sociedade coñeza a utilidade do labor investigador da Universidade de Santiago, e tamén que a industria identifique á Institución como socio con experiencia e prestixio na realización de proxectos científico-tecnolóxicos, a OIT inclúe nas súas actividades a divulgación da investigación desenvolvida na USC.
Notas de Prensa | I+D | A profesora Teresa Fanego, premiada pola Asociación Española de Lingüística Aplicada | Publicado: 16/4/2021 | A Asociación Española de Lingüística Aplicada (AESLA) acaba de outorgar á profesora Teresa Fanego o Premio de Investigación 2021 para Investigadores/as Experimentados/as, polo volume Corpus-Based Research on Variation in English Legal Discourse, co-editado con Paula Rodríguez Puente da Universidade de Oviedo, e publicado pola editorial holandesa John Benjamins. O galardón foille entregado na asemblea anual de socios celebrada durante o XXXVIII Congreso Internacional de AESLA. Os Premios de Investigación AESLA, creados en 1998 e acompañados dunha dotación económica, recoñecen aqueles traballos que contribúan de modo destacado ao avance teórico e metodolóxico no ámbito dos estudos lingüísticos.
Máis información |
| CIMUS | Científicos da USC descobren unha nova chave que podería pechar o paso da metástase | Publicado: 29/3/2021 | Profundar no coñecemento da reprogramación metabólica das células tumorais é a base do novo descubrimento do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC. O grupo liderado por Román Pérez Fernández, acaba de desvelar que a proteína POU1F1, a través da regulación de LDHA, é capaz de modificar o fenotipo das células cancerosas e favorecer a progresión tumoral e a metástase. O achado, que abre a porta a novas e esperanzadoras estratexias terapéuticas no cancro, acaba de publicarse na revista Oncogene.
Máis información |
| CITIUS | Paula López, directora adxunta do CiTIUS, nomeada nova máxima responsable do proxecto europeo MENELAOS | Publicado: 10/3/2021 | A directora adxunta do CiTIUS, Paula López Martínez, é xa oficialmente a máxima responsable do proxecto MENELAOSNT, unha rede de formación de novos doutores a nivel europeo financiada polo competitivo programa de axudas Horizonte 2020. A dirección científica do proxecto, coordinado ata agora dende a Universidade de Siegen (Alemaña) trasládase, así, ao centro de investigación situado en Santiago de Compostela, mentres que a coordinación executiva da actividade dos socios seguirá realizándose desde a institución alemá. O nomeamento, proposto polo ata agora máximo responsable do proxecto -o investigador Otmar Loffeld que seguirá vinculado ao proxecto como consultor científico-, converte tamén á directora adxunta do CiTIUS en "Permanent Guest Scientist" da Universidade de Siegen.
Máis información |
| HUMANIDADES | O proxecto Yucunet nace para crear unha rede educativa de Arte Contemporánea na rexión Iucatán-Cuba | Publicado: 2/3/2021 | O proxecto Yucunet botou a andar este xoves coa intención de ofrecer ferramentas para a creación dunha rede educativa e de investigación e traballo en Arte Contemporánea na rexión Iucatán-Cuba. En liña e moderada polo profesor da USC Federico López Silvestre, coordinador do proxecto, a reunión de lanzamento desta iniciativa serviu para presentar aos integrantes dun consorcio internacional integrado por doce institucións de Portugal, México e Cuba. O reitor Antonio López tomou parte na xornada de benvida deste proxecto que conta cun orzamento de case 900.000 euros.
Máis información |
|
|
Buscador Prensa
|
Nos últimos seis anos tense difundido información sobre máis de 300 proxectos e liñas de investigación que supuxeron máis de 800 páxinas completas dedicadas á investigación na USC.
As notas de prensa orixinais que deron lugar a esta información nos xornais poden ser consultadas no seguinte buscador:
|
|
Lista de distribución | A Vicerreitoría envía puntualmente información de gran interese para os investigadores a través da lista de distribución USC-INVESTIGACION. Axuda e soporte
Esta web dispón igualmente dunha Canle RSS que recolle as últimas actualizacións.
|
|