Para que no apartado de membros, da ficha do grupo, apareza unha ligazón no nome daqueles investigadores que posúan páxina persoa teranse que cumprir dous requerimensto:.
- Que vostede como coordinador do grupo active o epígrafe de “mostrar webs persoais dos membros” no grupo de investigación
- Que os investigadores que así o desexen, cubran o enderezo da súa páxina persoal no apartado de “ver – modificar datos persoais” na OIT Virtual
¿ Como activar a opción “mostrar webs persoais dos membros”?
Acceda á OIT Virtual => Xestión de Grupos - Inv.Individuais => Actualizar a ficha do grupo => e modifique o valor do epígrafe “Mostrar webs persoais dos membros “ a SI. Desde este momento no apartado de membros na ficha do grupo de investigación aparecerá unha ligazón para aqueles investigadores que teñan dada de alta unha páxina web dentro dos datos persoais na OIT Virtual.
¿ Cando serán visibles os cambios?
Dado que esta posibilidade non se contemplou anteriormente, a día de hoxe non existe ningún investigador que dera de alta a súa páxina web e polo tanto, tampouco se verán inmediatamente estas na ficha do grupo. Se vostede activa a opción “mostrar webs persoais dos membros” a medida que os investigadores dean de alta a súa web, estas irán aparecendo na ficha do grupo.
|