Formalities On-Line |  |
|
Press releases related to research in the USC--
Press releases | HUMANIDADES | O proxecto Yucunet nace para crear unha rede educativa de Arte Contemporánea na rexión Iucatán-Cuba | Published: 2/3/2021 | O proxecto Yucunet botou a andar este xoves coa intención de ofrecer ferramentas para a creación dunha rede educativa e de investigación e traballo en Arte Contemporánea na rexión Iucatán-Cuba. En liña e moderada polo profesor da USC Federico López Silvestre, coordinador do proxecto, a reunión de lanzamento desta iniciativa serviu para presentar aos integrantes dun consorcio internacional integrado por doce institucións de Portugal, México e Cuba. O reitor Antonio López tomou parte na xornada de benvida deste proxecto que conta cun orzamento de case 900.000 euros.
Máis información |
| CIMUS | Sumo Valor apoia a creación dunha vacina contra a COVID-19 fácil de producir e que non precise frío para a súa conservación | Published: 2/3/2021 | A catedrática da USC Mª José Alonso traballa dende o inicio da pandemia, no desenvolvemento dunha vacina innovadora contra o SARS-CoV-2 baseada na tecnoloxía do ARN mensaxeiro. Este é un dos dez proxectos que o Instituto de Salud Carlos III financia en España para obter unha vacina fronte á pandemia do coronavirus. A profesora asegura que "a nosa finalidade é conseguir unha vacina óptima, que sexa estable para que tamén poida ser accesible aos países en vías de desenvolvemento, onde as infraestruturas sanitarias son moi precarias e resulta ademais moi complexo manter a cadea de frío. Trátase dunha vacina fácil de producir e de transportar o antíxeno, ao tempo que é doada de fabricar a grande escala".
Máis información |
| CIENCIAS DA EDUCACIÓN | Espazos virtuais creativos para unha docencia verde e sen fronteiras | Published: 2/3/2021 | Investigadores de Ciencias da Educación buscarán sinerxías nos eidos do respecto polo medio ambiente, a experimentación en contornas virtuais ou na alfabetización dixital. Cada un destes ámbitos de traballo correspóndense con outros tantos proxectos que o programa Erasmus+ financiará nos vindeiros anos con máis de 650.000 euros. Os grupos de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) e en Tecnoloxía Educativa (Tecnoeduc) acaban de ser beneficiarios de tres proxectos ao abeiro das modalidades correspondentes a "Asociacións para a Preparación para a Educación Dixital no sector da Educación Escolar" (KA226) e "Asociacións para a Creatividade no sector da Educación Escolar" (KA227).
Máis información |
| CIQUS | O equipo de María Giménez contará cunha axuda do ERC para explorar o potencial de baterías máis sustentables | Published: 11/1/2021 | As baterías de zinc-aire son unha alternativa prometedora para dar solución a moitos dos inconvenientes asociados ás de ión de litio, particularmente en relación á súa sustentabilidade e seguridade. O proxecto ZABCAT, encabezado pola investigadora do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) María Giménez López, abordará a busca de novas baterías sustentables co apoio do European Research Council (ERC) a través das súas axudas ERC-Proof of Concept. A finalidade desta liña de axudas do organismo europeo de investigación é explorar o potencial comercial ou social dos proxectos financiados e achegalos ao mercado. Nesta quenda, a última de 2020, foron recoñecidos un total de 55 proxectos, sendo o da investigadora da USC o único para un equipo de España.
Máis información |
|
|
News Search
|
In the last six years information about more than 300 porjects and research lines has been disseminated. This meant more than 800 references in different media.
The original press releases which originated this information in the newspapers can be looked up in the following search engine:
|
|
Distribution list | The vicechancellorship sends information of interest for researchers through the USC-INVESTIGACION distribution list. Help and support
This Web also has at your disposal a RSS channel where you can find the lastest updates.
|
|