USC » Investigación » Prensa
Recursos de Investigación
Unidades de Investigación
Catálogo de Grupos de Investigación
Investigadores
Centros e Institutos de Investigación
Departamentos
Servizos de apoio á investigación
Informes de I+D da USC

Servizos á Investigación
Servizos a investigadores
Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2018
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Prensa
Avisos
Eventos
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2019
Calculadora de contratos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Referencias na Prensa á Investigación na USC

Co obxectivo de que a sociedade coñeza a utilidade do labor investigador da Universidade de Santiago, e tamén que a industria identifique á Institución como socio con experiencia e prestixio na realización de proxectos científico-tecnolóxicos, a OIT inclúe nas súas actividades a divulgación da investigación desenvolvida na USC.

Notas de Prensa
CITIUS
Premiado a nivel internacional un traballo do CiTIUS que fusiona dúas técnicas de Intelixencia Artificial
Publicado: 16/9/2019

Foto: CiTIUSA Asociación Internacional para os Sistemas Difusos (IFSA, polas súas siglas en inglés) vén de conceder un dos tres premios internacionais IFSA Journal Best Paper Award a un traballo desenvolvido integramente no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), no que os científicos do centro compostelán abordan o papel das descricións lingüísticas de datos na construción de sistemas de xeración de linguaxe natural.

Máis información


I+D
O IGFAE reitera o impacto do programa de excelencia Severo Ochoa-María de Maetzu nun encontro no Ministerio
Publicado: 12/9/2019

Severo Ochoa-María de MaetzuO Instituto de Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), representado polo seu director, o profesor Carlos Salgado,  participou no encontro celebrado entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades; os centros e unidades distinguidas co selo de excelencia Severo Ochoa e María de Maetzu; e os conselleiros e altos cargos de quince comunidades autónomas.

O encontro tivo por obxecto destacar o impacto do programa Severo Ochoa – María de Maeztu, os seus beneficios para a consolidación da investigación de excelencia e o seu potencial como puntal e trampolín para os polos de investigación das diferentes comunidades autónomas. Seis centros e unidades de investigación, entre os que se atopa o IGFAE, expuxeron o seu percorrido ata lograr o galardón e o impacto que tivo a axuda. A sesión foi co-presidido polo ministro Pedro Duque e Luis Serrano, presidente da alianza Severo Ochoa – Maria de Maeztu (SOMMa). Tamén participaron da mesa Enrique Playán, director da Axencia Estatal de Investigación, e Maria Blasco, vicepresidenta da alianza SOMMa.

Máis información


I+D
A USC ascende á posición 456 de entre as dúas mil mellores universidades do mundo de CWUR
Publicado: 5/8/2019

Imaxe de arquivo dunha sesión docenteO Center for World University Rankings (CWUR) ascende á USC ata a posición 456 de entre dúas mil universidades de todo o mundo, logo da análise de 20.000 institucións universitarias avaliadas e clasificadas segundo o seu desempeño académico. O rendemento investigador e a empregabilidade son os dous aspectos mellor valorados da USC, na posición décimo terceira de entre as 53 institucións españolas recollidas nesta clasificación.

Máis información


FÍSICA
Unha investigación realizada na USC, mellor tese en Física de Partículas Experimental de 2018 para a Real Sociedade Española de Física
Publicado: 30/7/2019

De esquerda a dereita, Manuel Asorey Carballeira, Antonio Dobado González, Julián García Pardiñas e José Adolfo de Azcárraga FeliuA tese de doutoramento realizada no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (Igfae) da USC polo investigador vilalbés Julián García Pardiñas baixo a dirección dos profesores Máximo Pló e Juan José Saborido, vén de acadar o I Premio División de Física Teórica e de Partículas (DFTP) da Real Sociedade Española de Física (RSFE) na modalidade de mellor tese en Física Experimental, un galardón que distingue os traballos de investigación de doutoramento máis sobresaíntes defendidos nas universidades españolas durante 2018.

Máis información


Buscador Prensa
Nos últimos seis anos tense difundido información sobre máis de 300 proxectos e liñas de investigación que supuxeron máis de 800 páxinas completas dedicadas á investigación na USC.

As notas de prensa orixinais que deron lugar a esta información nos xornais poden ser consultadas no seguinte buscador:








Lista de distribución
A Vicerreitoría envía puntualmente información de gran interese para os investigadores a través da lista de distribución USC-INVESTIGACION.
Axuda e soporte

Esta web dispón igualmente dunha Canle RSS que recolle as últimas actualizacións.


Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto