O 18 de xaneiro de 2021, unha gran bola de lume cruzou os ceos galegos. Tratábase dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 75 quilómetros de altura cunha velocidade de 15 Km/s e que produciu un meteorito de 527 gramos. Dende este venres, 13 de xaneiro, este fragmento de corpo celeste pode visitarse na Sala dos Meteoritos do Museo de Historia Natural (MHN), logo de ser presentado nun acto presidido polo reitor Antonio López e que contou coa participación do vicerreitor de Política Científica, Vicente Pérez Muñuzuri; do director do MHN, Marcos A. González González; do director do Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" da USC, José A. Docobo Durántez; e do profesor da Área de Astronomía e Astrofísica da USC, Manuel Andrade Baliño.
Máis información |