Sesión Informativa presencial sobre as Axudas Predoutorais da Xunta de Galicia
Published: 05/02/2025
Convócase a todos os interesados a unha sesión informativa sobre as Axudas Predoutorais da Xunta de Galicia 2025.
Data: luns 10 de febreiro de 2025
Hora: 10:30 h
Lugar: Aula Magna Ramón María Aller da Facultade de Matemáticas, Campus Vida, Santiago de Compostela. Haberá conexión por videoconferencia coa Sala de conferencias, planta baixa do edificio CACTUS (CAMPUS LUGO).
Santiago de Compostela, 05 de febreiro de 2025 Vicerreitoría de Política Científica