Avisos |
FPU 2021 |
Axudas á mobilidade para estancias breves e traslados temporais para beneficiarios do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU) |
Publicado: 04/01/2021 |
Ven de publicarse na web do Ministerio de Educación y Formación Profesional a próxima apertura do prazo de presentación de solicitudes das Axudas á mobilidade para estancias breves e traslados temporais para beneficiarios do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU).
Máis información
Santiago de Compostela, 04 de xaneiro de 2021 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
AXUDAS JUAN DE LA CIERVA 2020 |
Información Importante sobre a Convocatoria do Subprograma Juan de la Cierva 2020 |
Publicado: 18/12/2020 |
No BOE publicáronse as convocatorias de "Ayudas para contratos Juan de la Cierva-incorporación 2020" e "Ayudas para contratos Juan de la Cierva-formación 2020" no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
CONVOCATORIAS DE PROXECTOS DE I+D+I |
Convocatorias de Proxectos de I+D de Xeración de Coñecemento e Proxectos de I+D+i Retos de Investigación 2020 |
Publicado: 27/11/2020 |
Infórmase que o Ministerio de Ciencia e Innovación ven de publicar a convocatoria de "Proyectos de I+D+i, Modalidades Retos de Investigación y Generación del Conocimiento 2020"
Modalidades de proxectos:
Proxectos de "Generación de Conocimiento" (PGC). Proxectos sen orientación temática previa, que buscan o avance do coñecemento independentemente do horizonte temporal e do ámbito de aplicación do mesmo.
Proxectos "Retos Investigación"(RTI). Proxectos orientados á resolución de problemas vinculados aos 8 grandes retos da sociedade que se recollen no Plan Estatal de I+D.
Tipoloxía de proxectos: Dentro das modalidades anteriores os proxectos poderán ser de dous tipos en función do Investigador Principal:
Proxectos Tipo A. Liderados por mozos investigadores/ as. Na modalidade RTI inclúense os proxectos tipo JIN, cuxo IP deben ser mozos investigadores/ as, sen vinculación ou con vinculación temporal coa entidade solicitante inferior a un ano.
Proxectos Tipo B. Liderados por investigadores/ as consolidados/ as.
Acceso á convocatoria: Proxectos de I+D+i - Modalidades Retos de Investigación e Xeración do Coñecemento 2020. Dadas as especiais características do programa, recomendamos ler atentamente a convocatoria así como e o documento de preguntas frecuentes.
Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 26 de novembro ata o 17 de decembro de 2020 ás 14.00 horas na Sede da Axencia Estatal. O prazo interno da USC remata o 14 de decembro ás 14 horas. Non poderá garantirse a presentación en tempo e formas daquelas solicitudes que sexan presentadas despois desa data.
Solicitudes: As solicitudes deberán realizarse a través do enlace de solicitude do Ministerio
Documentación: As solicitudes deberán acompañarse da seguinte documentación:
Memoria científico -técnica do proxecto. A memoria deberá escribirse obrigatoriamente en inglés nos proxectos nos que o orzamento dos custos directos sexa igual ou superior a 100.000€. Os proxectos JIN deberán presentar sempre a memoria en inglés.
CVA do investigador principal, ben obtido a través do aplicativo da FECYT, ou cubrindo os modelos dispoñible na web da convocatoria. A extensión máxima do CVA será de 4 páxinas.
Se fose o caso, documentos que acrediten situacións de interrupción da actividade investigadora.
Tramitación de solicitudes na USC: Enlace á documentación da USC para a tramitación da solicitude |
[+] más
|
|
|
|
BUSINESS FACTORY FOOD (BFFOOD) |
Aberta a terceira edición do programa BFFood para aceleración e consolidación de proxectos innovadores no sector alimentario |
Publicado: 12/11/2020 |
Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia, dinamizada pola Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga) e na que a USC participa como socia, pon en marcha a súa terceira edición para identificar e promover ata un total de 16 proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria.
Os retos para esta edición son: dixitalización e automatización; trazabilidade, calidade e seguridade alimentaria; loxística; sustentabilidade e packaging; desenvolvemento de novos produtos; e innovación de procesos e comercialización. Tamén, existe un reto aberto para calquera proxecto aplicable á industria que supoña a introdución dalgún tipo de innovación ou mellora.
Ademais, con motivo da situación xerada pola COVID-19, BFFood incorporou un reto especial co que busca proxectos dirixidos a fortalecer a resilencia da industria alimentaria fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias.
Os proxectos seleccionados disporán de apoio económico da Xunta, formación das universidades e mentorización específica por parte de empresas tractoras do BFFood como Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, Clavo Food Factory, Congalsa, Cooperativas Lácteas Unidas ( CLUN), Gadis, Galacteum, Kiwi Atlántico, Larsa, Nueva Pescanova, Quescrem, Torre de Núñez e Viña Costeira.
Podes presentar a túa candidatura, tanto ao programa de aceleración como de consolidación, a través da web bffood.gal ata o próximo 11 de xaneiro de 2021 ás 14 horas.
Para máis información: montserrat.camina@usc.es
patricia.gonzalez@usc.es
881815594 (ext. 15594) / 982 822 854 (ext.22854)
http://www.bffood.gal |
[+] más
|
|
|
|
AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE PROFESORADO UNIVERSITARIO (FPU) |
Convocatoria de Axudas para a formación de profesorado universitario (FPU) 2020 |
Publicado: 11/11/2020 |
Ven de publicarse a convocatoria das Axudas para a formación de profesorado universitario (FPU).
O prazo de presentación de solicitudes é do 16/11/2020 ao 11/12/2020 ás 14:00 h.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
II CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN ASOCIADOS ÁS CÁTEDRAS INSTITUCIONAIS DA USC - 2020 |
Proposta definitiva de adxudicación dos proxectos de investigación asociados ás Cátedras Institucionais da USC – Cátedra de Cronicidade – 2020 |
Publicado: 29/10/2020 |
Ven de publicarse no taboleiro a proposta definitiva de adxudicación dos proxectos de investigación asociados ás Cátedras Institucionais da USC – Cátedra de Cronicidade – 2020
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
AXUDAS PREDOUTORAIS IDIS 2020 |
Convocatoria de axudas predoutorais IDIS 2020 |
Publicado: 19/10/2020 |
Ven de publicarse a convocatoria 2020 de axudas predoutorais, de 8 prazas para a realización de teses de dotoramento no marco dos grupos de investigación pertencentes ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O prazo de presentación de solicitudes comeza o 19 de outubro e remata o 6 de novembro de 2020, ás 14:00h de Santiago de Compostela.
Lembrámoslle que a dirección de correo para o envío de toda a documentación e para posibles dúbidas é: axudaspredoutorais@idisantiago.es
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOREDES |
Resolución proposta definitiva de adxudicación das bolsas para iniciación á investigación na Agrupación Estratéxica BioReDes |
Publicado: 15/10/2020 |
Ven de publicarse no taboleiro da USC a resolución da proposta definitiva de adxudicación das bolsas para iniciación á investigación na Agrupación Estratéxica BioReDes.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
CONVOCATORIA DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN ASOCIADOS ÁS CÁTEDRAS INSTITUCIONAIS DA USC - 2020 |
Proposta definitiva de adxudicación dos proxectos de investigación asociados ás Cátedras Institucionais da USC - Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións - 2020 |
Publicado: 15/10/2020 |
Ven de publicarse no taboleiro da USC a proposta definitiva de adxudicación dos proxectos de investigación asociados ás Cátedras Institucionais da USC – Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións – 2020.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
AXUDAS PARA CONTRATOS PREDOUTORAIS |
Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores (antigas FPI) |
Publicado: 06/10/2020 |
Ven de publicarse na Web do Ministerio de Ciencia e Innovación, a convocatoria de Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores (antigas FPI), cuxo prazo para presentar solicitudes comezará o día 13 de outubro ata o 27 de outubro de 2020 ás 14:00 h.
Santiago de Compostela, 06 de outubro de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA PUBLICACIÓNS EN ABERTO 2020 |
Convocatoria de axudas para publicacións en aberto 2020 (segundo prazo) |
Publicado: 02/10/2020 |
Co obxecto de mellorar a presenza da Universidade nos rankings internacionais e incentivar a publicación en aberto nas mais prestixiosas publicacións do JCR, SCOPUS e outras bases de datos de recursos bibliográficos electrónicos de referencia, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación comunica a apertura do segundo prazo desta convocatoria de axudas para publicacións en aberto.
- Prazo 2: entre o 1 e 20 de outubro de 2020 ambos inclusive para os artigos con comunicación de admisión para publicación con anterioridade a esa data.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2020 Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
BOLSAS DE INVESTIGACIÓN NO CENTRO SINGULAR DE INVESTIGACIÓN EN TECNOLOXÍAS INTELIXENTES (CITIUS) |
Lista definitiva de admitidos e excluídos das bolsas de investigación no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) |
Publicado: 21/09/2020 |
Ven de publicarse no taboleiro da USC a lista definitiva de admitidos e excluídos das bolsas de investigación no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
AXUDAS INVESTIGACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Convocatoria de axudas á investigación da USC para a realización de proxectos destinados ao desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero ano 2020 |
Publicado: 20/07/2020 |
Ven de publicarse no taboleiro electrónico da USC a convocatoria de axudas á investigación da universidade de santiago de compostela para a realización de proxectos, destinados ao desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero, para o ano 2020.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS E OUTRAS ACCIÓNS DE FOMENTO NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (SUG) |
Redistribución das anualidades e modificación dos prazos de xustificación en diversas convocatorias das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) |
Publicado: 29/06/2020 |
ORDE do 12 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se redistribúen as anualidades e se modifican os prazos de xustificación en diversas convocatorias de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19.
Consultar resolución D.O.G.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
#HACKATHOME |
#HACKatHOME: traballo en equipo para atopar solucións innovadoras a grandes retos |
Publicado: 16/06/2020 |
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza os vindeiros 27 a 30 de xuño o primeiro hackaton virtual para crear solucións innovadoras para adaptar o tecido empresarial galego á nova realidade. Co apoio de empresas tecnolóxicas, universidades e persoas innovadoras, búscase dar resposta traballando en equipo a cinco retos da industria, o comercio e o emprego.
Poden atopar toda a información neste enlace Ver a versión en liña
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SUG 2020 |
Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas das Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG 2020 |
Publicado: 10/06/2020 |
Ven de publicarse na Web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas das axudas predoutorais
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30192
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020 A Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
SERVIZO DE PRÉSTAMO BAIXO DEMANDA NA BUSC |
SERVIZO DE PRÉSTAMO BAIXO DEMANDA NA BUSC |
Publicado: 08/06/2020 |
A BUSC ofrece desde o dia 27 de maio o servizo de préstamo a domicilio, mediante o sistema de cita previa, exclusivamente para os membros da comunidade universitaria da USC. Poden solicitarse libros en préstamo e/ou facer devolucións dos que teña prestados o usuario.
As instrucións para obter unha cita previa poden consultarse na páxina web https://biblioteca-usc.gal/guia/prestamo-mediante-cita-previa/
Desde esta semana, todas as bibliotecas dos centros universitarios estarán abertas sumándose ao servizo de préstamo con cita previa para recollida e devolución de libros. En breve disporán das medidas de protección e seguridade necesarias que permitan que o persoal que estea autorizado a entrar nos centros poda realizar devolución/préstamo nesas bibliotecas (baixo previa petición). A Biblioteca Concepción Arenal abrirase para o persoal autorizado polos centros de Dereito, Relacións Laborais e Políticas igualmente con cita previa para a recollida e devolución de libros.
Os/As alumnos/as poderán solicitar préstamos e devolución de libros nos puntos de atención ao público establecidos nas bibliotecas:
- Biblioteca Xeral – Campus de Santiago (9-14h e 16-20h).
- Biblioteca Intercentros – Campus de Lugo (9-14h).
Non está permitida en ningunha biblioteca a deambulación polos depósitos, polas coleccións en libre acceso nin lectura en sala, atendendo aos protocolos establecidos co Servizo de Prevención de Riscos da USC.
Pode consultar o aviso firmado electrónicamente polo Vicerreitor de Investigación e Innovación no seguinte enlace
Santiago de Compostela, 08 de xuño de 2020 Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
TRANSICIÓN A HORIZON EUROPE (2021-2027) |
Transición a Horizon Europe (2021-2027): Primeras convocatorias ERC (StG, CoG, AdG e PoC)-2021 |
Publicado: 06/06/2020 |
Espérase que as novas convocatorias do novo Programa Marco da UE (Horizon Europe) abran ao inicio do ano 2021. En concreto, no que respecta ás convocatorias 2021 das axudas xestionadas polo ERC (European Research Council), as datas provisorias de peche das distintas modalidades individuais son as seguintes: StG (09/03/2021), CoG (20/04/2021), AdG (31/08/2021) e PoC (convocatoria aberta con peches en 16/03/2021, 17/06/2021 e 20/10/2021).
Lembramos que o cambio máis significativo con respecto a anteriores convocatorias do ERC céntrase nas axudas AdG para as que o proceso de avaliación no Horizon Europe será en dúas fases de xeito que as persoas candidatas que superaran a Fase 1 terán que "presentar" o seu proxecto ante o panel correspondente na Fase 2.
Informamos igualmente que o Plan Estatal abriu, dentro das Accións de Dinamización – Europa Investigación 2020, unha convocatoria (enlace) para a solicitude de axudas dirixidas á elaboración e presentación de propostas coordinadas (de até 15.000 eur) en distintas prioridades do Programa Marco, incluíndo tamén axudas (de até 10.000 Eur) a posibles candidatos/as que vaina presentar unha proposta nas convocatorias individuais do ERC.
Máis información
Santiago de Compostela, 06 de xuño de 2020 Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
RESUMO AXUDAS I+D+I |
Resumo axudas I+D+i |
Publicado: 23/05/2020 |
Información sobre convocatorias e axudas de I+D+i no seguinte enlace (data de actualización: 23 de maio de 2020).
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2020 Vicerreitoría de Investigación e Innovación |
[+] más
|
|
|
|
|
<< Otros avisos
|