USC » Investigación » Eventos
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación

Servicios a la Investigación
Servicios al personal investigador

Otros
Registro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estrategia de Recursos Humanos para Investigadores
Código de Buenas Prácticas en la Investigación
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2020
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación de la USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2021
Reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de errores del reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificaciones y acreditaciones obtidas por la USCCertificaciones y acreditaciones

Eventos relacionados con la Investigación

En esta sección recogemos alguno de los eventos de interés para nuestros investigadores.


CURSOS
Curso online: Formación executiva para investigadores/as posdoutorais

Descripción:

Curso «Formación executiva para investigadores/as posdoutorais», dentro do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, centrado en capacitar e orientar aos participantes en coñecementos e competencias relacionados coa comercialización de resultados de investigación, así como na promoción e xestión de spin-offs. 

O curso, para o que se ofrecen 30 prazas, conta cunha duración total de 60 horas, distribuídas en 15 sesións de 4 horas cada unha, e desenvolverase entre os meses de setembro e novembro de 2021 en horario de mañá. Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón.

O prazo de inscrición remata o día 23 de agosto ás 20:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.


Fecha del evento: 01/09/2021 - 30/11/2021
Lugar: online
Organiza: Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento



CONFERENCIAS
Nova edición curso online Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+

Descripción:

A Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza unha nova edición do curso «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i». Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da I+D.

Este curso, de carácter gratuíto, está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a investigadores/as contratados/as con cargo a proxectos de Universidades e Organismos Públicos de Investigación, así como a investigadores/as e tecnólogos/as dos Centros Tecnolóxicos. O seu obxectivo é introducir ao persoal investigador nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.

Cunha duración total de 36 horas, distribuídas en 12 sesións de 3 horas cada unha, o curso desenvolverase entre o 29 de setembro e o 15 de decembro de 2021 en horario de 10:00 h a 13:00 h. O programa de contidos estrutúrase en 3 módulos que serán impartidos integramente en inglés: «Fundamentos sobre transferencia de coñecemento» (15 horas), «Comunicación e presentación da investigación» (9 horas) e «Ecosistema de innovación, impacto e colaboración» (12 horas).

Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 23 de setembro ás 20:00 h.


Fecha del evento: 29/09/2021 - 15/12/2021
Lugar: online



WEBINAR
Webinarios de apoio na elaboración de propostas nas convocatorias ERC 2022

Descripción:

Webinarios Starting Grant e Consolidator Grant 2022  

A Oficina Europea da FECYT Europa organiza 2 webinarios os días 21 e 28 de outubro para apoiar aos investigadores/as na elaboración de propostas ás convocatorias do Consello Europeo de Investigación (ERC) Starting Grant 2022 e Consolidator Grant 2022. Os webinarios serán impartidos polos Puntos Nacionais de Contacto do programa ERC.  Para asistir, é imprescindible inscribirse. 

Webinario I: preparando tu propuesta ERC- StG/CoG 2022

Data: 21/10/2021 (10-12h) 

Inscrición: https://attendee.gotowebinar.com/register/1549528960798029326 

Webinario II: preparando tu propuesta ERC- StG/CoG 2022.  

Data: 28/10/2021 (10-12h) 

Inscrición: https://attendee.gotowebinar.com/register/747684817475036686 

Para máis información sobre os webinarios prema aquí  


Fecha del evento: 21/10/2021 - 28/10/2021
Lugar: online



CURSOS
Curso de Innovación Akademia 2021-2022 para alumnos da USC: aberto prazo de inscrición

Descripción:

A AVTE da USC e Uninova están a organizar, en colaboración coa Fundación Innovación Bankinter, unha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA.  

Esta edición vaise facer en modo on line con 3 convocatorias distintas, para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado.  

A participación terá carácter gratuíto para os alumnos da USC, aínda que será preciso facer un depósito de 50 euros ao inicio, que lle será reintegrado a todos os participantes que finalicen o programa.  

Recorreremos cos alumnos un atractivo e interesante programa ao longo de 8 sesións de 1 hora de duración cada una, que serán impartidas por diferentes expertos en formato debate.   

Para a inscrición…   

Nesta edición, teremos 3 convocatorias, luns, mércores e venres, en 3 horarios diferentes, para que poidades inscribirvos no día que mellor se axuste ás vosas axendas. Os grupos serán de 25-30 cada un deles.   

Tes que enviar o teu currículo, o teu perfil en linkedin ou unha carta de motivación ao enderezo akademiafibk@bankinter.com ou ben, rexistrarte a través da páxina web https://www.fundacionbankinter.org/akademia indicando no teu rexistro que eres alumno da USC.    

Calendario das sesións :     

  • Convocatoria 1  

Luns de 16.00 a 17.00 h.  

Duración: do 15 de novembro de 2021 ao 14 de febreiro de 2022  

Data límite de inscrición: venres, 29 de outubro de 2021  

  • Convocatoria 2  

Mércores de 12.30 a 13.30 h  

Duración: do 3 de novembro de 2021 ao 9 de febreiro de 2022  

Data límite de inscrición: venres, 22 de outubro de 2021  

  • Convocatoria 3  

Venres de 12.00 a 13.00 h  

Duración: do 29 de outubro de 2021 ao 17 de decembro de 2021  

Data límite de inscrición: xoves, 14 de outubro  

 Para máis información, podedes poñervos en contacto con UNINOVA en rosamaria.sanchez@usc.es ou no teléfono +34 881 815 596.   


Fecha del evento: 14/02/2022 - 17/12/2021
Lugar: online



CONFERENCIAS
The Fourth Youth Research Forum 2022

Descripción:

As one of Qatar University’s strategic goals, to develop comprehensive research priority plan that is aligned with Qatar national vision 2030 and is responding to socio-economic grand challenges. It is our pleasure to invite you to participate in The Fourth Youth Research Forum 2022. Which will be held virtually, on March 9 – 10, 2022 on WebEx. Deadline for receiving abstracts is November 30, 2021


Fecha del evento: 09/03/2022 - 10/03/2022
Lugar: online
Enlace de interés: http://www.qu.edu.qa/conference/youth-research-forum



Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto