Xestións On-Line |  |
|
Referencias en la Prensa a la Investigación en la USCCon el objetivo de que la sociedad conozca la utilidad de la labor investigadora de la Universidad de Santiago, y también que la industria identifique a la Investigación como socio con experiencia y prestigio en la realización de proyectos científicos-tecnológicos, la OIT incluye en sus actividades la divulgación de la investigación desarrollada en la USC
Notas de Prensa | HUMANIDADES | O proxecto Yucunet nace para crear unha rede educativa de Arte Contemporánea na rexión Iucatán-Cuba | Publicado: 2/3/2021 | O proxecto Yucunet botou a andar este xoves coa intención de ofrecer ferramentas para a creación dunha rede educativa e de investigación e traballo en Arte Contemporánea na rexión Iucatán-Cuba. En liña e moderada polo profesor da USC Federico López Silvestre, coordinador do proxecto, a reunión de lanzamento desta iniciativa serviu para presentar aos integrantes dun consorcio internacional integrado por doce institucións de Portugal, México e Cuba. O reitor Antonio López tomou parte na xornada de benvida deste proxecto que conta cun orzamento de case 900.000 euros.
Máis información |
| CIMUS | Sumo Valor apoia a creación dunha vacina contra a COVID-19 fácil de producir e que non precise frío para a súa conservación | Publicado: 2/3/2021 | A catedrática da USC Mª José Alonso traballa dende o inicio da pandemia, no desenvolvemento dunha vacina innovadora contra o SARS-CoV-2 baseada na tecnoloxía do ARN mensaxeiro. Este é un dos dez proxectos que o Instituto de Salud Carlos III financia en España para obter unha vacina fronte á pandemia do coronavirus. A profesora asegura que "a nosa finalidade é conseguir unha vacina óptima, que sexa estable para que tamén poida ser accesible aos países en vías de desenvolvemento, onde as infraestruturas sanitarias son moi precarias e resulta ademais moi complexo manter a cadea de frío. Trátase dunha vacina fácil de producir e de transportar o antíxeno, ao tempo que é doada de fabricar a grande escala".
Máis información |
| CIENCIAS DA EDUCACIÓN | Espazos virtuais creativos para unha docencia verde e sen fronteiras | Publicado: 2/3/2021 | Investigadores de Ciencias da Educación buscarán sinerxías nos eidos do respecto polo medio ambiente, a experimentación en contornas virtuais ou na alfabetización dixital. Cada un destes ámbitos de traballo correspóndense con outros tantos proxectos que o programa Erasmus+ financiará nos vindeiros anos con máis de 650.000 euros. Os grupos de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) e en Tecnoloxía Educativa (Tecnoeduc) acaban de ser beneficiarios de tres proxectos ao abeiro das modalidades correspondentes a "Asociacións para a Preparación para a Educación Dixital no sector da Educación Escolar" (KA226) e "Asociacións para a Creatividade no sector da Educación Escolar" (KA227).
Máis información |
| CIQUS | O equipo de María Giménez contará cunha axuda do ERC para explorar o potencial de baterías máis sustentables | Publicado: 11/1/2021 | As baterías de zinc-aire son unha alternativa prometedora para dar solución a moitos dos inconvenientes asociados ás de ión de litio, particularmente en relación á súa sustentabilidade e seguridade. O proxecto ZABCAT, encabezado pola investigadora do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) María Giménez López, abordará a busca de novas baterías sustentables co apoio do European Research Council (ERC) a través das súas axudas ERC-Proof of Concept. A finalidade desta liña de axudas do organismo europeo de investigación é explorar o potencial comercial ou social dos proxectos financiados e achegalos ao mercado. Nesta quenda, a última de 2020, foron recoñecidos un total de 55 proxectos, sendo o da investigadora da USC o único para un equipo de España.
Máis información |
|
|
Buscador Prensa
|
En los últimos seis años se ha difundido información sobre más de 300 proyectos y liñas de investigación que han supuesto más de 800 referencias en diferentes medios.
Las notas de prensa originales que dieron lugar a esta información en los periódicos pueden ser consultadas en el siguiente buscador:
|
|
Lista de distribución | El Vicerrectorado envía puntualmente información de gran interés para los investigadores a través de la lista de distribución USC-INVESTIGACION. Ayuda y soporte
Esta web dispone igualmente de un Canal RSS que recoge las últimas actualizaciones.
|
|