Eventos relacionados con la InvestigaciónEn esta sección recogemos alguno de los eventos de interés para nuestros investigadores.
CURSOS Curso online Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i
Descripción: A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza o curso online "Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i". Esta actividade enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, nas actuacións orientadas a impulsar o desenvolvemento profesional dos investigadores e investigadoras dos centros de coñecemento do Sistema Galego de i+D+i en aspectos relacionados coa comercialización de resultados da i+D.
Este curso, de carácter gratuíto, está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a investigadores/as contratados/as con cargo a proxectos de Universidades e Organismos Públicos de Investigación, así como a investigadores/as e tecnólogos/as dos Centros Tecnolóxicos. O seu obxectivo é introducir ao persoal investigador nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.
Cunha duración total de 40 horas, distribuídas en 10 sesións semanais de 4 horas cada unha, o curso desenvolverase entre o 5 de marzo e o 14 de maio de 2021 en horario de 10:00 h a 14:00 h. O programa de contidos estrutúrase en 3 módulos que serán impartidos integramente en inglés: "Fundamentos sobre transferencia de coñecemento" (16 horas), "Comunicación e presentación da investigación" (8 horas) e "Ecosistema de innovación, impacto e colaboración" (16 horas). Pode consultar toda a información do programa premendo aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición remata o día 26 de febreiro ás 20:00 h.
Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012. Fecha del evento: 05/03/2021 - 14/05/2021 Lugar: online
VII Xornada Universitaria Galega en Xénero
Descripción: A USC será a anfitrioa da VII Xornada Universitaria Galega en Xénero, organizada polas oficinas de igualdade de xénero das tres universidades galegas, que terá lugar os vindeiros 10 e 11 de xuño (encontro virtual).
A presentación de propostas será a través do envío da comunicación completa aos seguintes enderezos electrónicos, segundo as áreas temáticas:
- Violencias contra as mulleres (oficina.igualdade@udc.gal)
- Mulleres, investigación e COVID (igualdade@uvigo.es)
- Perspectiva de xénero na docencia universitaria (oix@usc.gal)
Prazo de presentación: 30 de abril
Publicación: Realizarase unha publicación dos traballos presentados e defendidos (de forma oral ou na sesión póster) que disporá de ISBN. Fecha del evento: 10/06/2021 - 11/06/2021 Lugar: encontro virtual Enlace de interés: https://www.usc.gal/gl/servizos/oix
FORO 163 European Study Group with Industry
Descripción: Los ESGI constituyen un foro para trabajar de manera conjunta científicos industriales e investigadores matemáticos sobre problemas de interés para la industria. El 163 ESGI, que reunirá a especialistas de las ramas de Matemática Aplicada y Estadística e Investigación Operativa, tiene como objetivo el fomento de la transferencia Matemática hacia la Industria buscando activamente proyectos de investigación y desarrollo en donde la Matemática tenga una especial relevancia.
Debido a la pandemia de coronavirus (COVID - 19), el evento será completamente on-line.
Toda la información relativa al evento se actualizará continuamente en la página web del mismo: http://www.math-in.net/163esgi/
La asistencia es gratuita en la Modalidad Básica, pero es necesario registrarse previamente. La fecha límite de inscripción será el 31 de mayo de 2021. http://www.math-in.net/163esgi/inscripcion-particulares Fecha del evento: 12/07/2021 - 16/07/2021 Lugar: on-line. Organiza: Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI) y la Red Española Matemática - Industria (math-in)
|