USC » Investigación » Investigadores » axudas » 2020
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador
Axudas Propias USC
Convocatorias 2024
Convocatorias 2023
Convocatorias 2022
Convocatorias 2021
Convocatorias 2020
Convocatorias 2019
Convocatorias 2018
Financiamento á investigación
Subárea de Proxectos Internacionais
Contratación de I+D+i (Empresas,Administracións,...)
Subárea Económica
Produción Científica
Emprego en I+D
Guía de Convocatorias
Comité de Bioética
Acceso aplicación web Kairós
OIT Virtual
XACUS

Outros
Programas propios de investigación
Persoal investigador e de apoio á investigación: a reforma laboral
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Autorización de permisos para a asistencia a congresos, xornadas, etc do persoal contratado con cargo a actividades, proxectos de investigación e programas de recursos humanos
NORMATIVA
Acordos Transformativos (AT)
Declaración Institucional de Medidas Antifraude
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Código de Boas Prácticas na Investigación
Acordo do 8/03/2023 sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Modificación do acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2021
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Data límite presentación propostas convocatoria 8/2024 (13/05/2024)
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i (texto consolidado)
Modificación do Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións

Convocatorias 2019

Novidades

Esta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias.

Contratos laborais


CITMAga-OT-04/2024: Contratación técnico/a grao medio de investigación

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume: Prestar apoio na xestión de actividades de investigación do centro para o desenvolvemento da súa axenda científica no período 2022-2025. Apoio na xestión e promoción de actividades de difusión, divulgación e transferencia dos resultados da investigación (organización de reunións, execución de actividades, e xestións afíns relacionadas).
Entidade Convocante: Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)
Publicado en: Outros
Prazo: 28/04/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina



Convocatoria Pública Ordinaria 07/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación

Estado: Aberta
Resume:

O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.

A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.


Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela
Publicado en: Outros
Prazo: 30/04/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina



Convocatoria Pública Ordinaria Urxente 9/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación

Estado: Aberta
Resume:

O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.

A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.


Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela
Publicado en: Outros
Prazo: 03/05/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina


Premios


III Edición dos Premios á Mellor Invención Protexida mediante Dereitos de Propiedade Industrial

Estado: Aberta
Estado: Pechada
Resume: Constitúen un recoñecemento a investigadores e innovadores na procura do progreso da sociedade a través do seu labor inventiva e creadora. Convocar unha terceira edición supón unha consolidación da OEPM como referente no apoio da Administración Xeral do Estado á innovación e a súa protección mediante dereitos de propiedade industrial.
Entidade Convocante: Outras
Publicado en: Outros
Prazo: 19/04/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina



31ª Convocatoria de Premios sobre Alimentación, Nutrición e Saúde

Estado: Aberta
Resume:

Premiarase o labor dun científico español ou residente en territorio español que traballe ou traballase preferentemente en España nas áreas de alimentación saudable e sostible, envellecemento saudable ou prevención da obesidade nos seus aspectos básico, clínico e aplicado, así como á Institución que o emprega.

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 27 de xuño de 2024, inclusive. As bases e os formularios das solicitudes atópanse dispoñibles na web www.institutodanone.es


Entidade Convocante: Outras
Publicado en: Outros
Prazo: 27/06/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina



XXIII Premio "JACUMAR" de Investigación en acuicultura

Estado: Aberta
Resume:

A dotación económica será de vinte mil euros (20.000,00 €).

O premio será compatible con calquera axuda, subvención ou premio, públicos ou privados. Quinto.

Prazo de presentación de solicitudes: Desde 08/05 hasta 26/05.

As solicitudes dirixiranse ao Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación e presentaranse a través do rexistro electrónico do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, na sede electrónica deste Ministerio (https://sede.mapa.gob.es/portal/site/seMAPA).


Entidade Convocante: Ministerio Agricultura, Pesca y Alimentación
Publicado en: Boletín Oficial do Estado
Prazo: 26/05/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina


Proxectos


Axudas proxectos arqueolóxicos no exterior 2024

Estado: Aberta
Resume:

As axudas convocadas teñen por obxecto a realización de proxectos de investigación e intervención arqueolóxica española no exterior.

As entidades solicitantes deberán achegar como financiamento propio ao proxecto polo menos o 10% do custo total do mesmo declarado na memoria ou, no seu caso, o 10% do custo do proxecto reformulado.

O importe máximo imputable á totalidade das axudas será de 426.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta Orde no «Boletín Oficial do Estado»

Prazo de presentación da solicitudes: 24 de maio. Prazo interno: 20 de maio.


Entidade Convocante: Ministerio de Cultura
Publicado en: Outros
Prazo: 20/05/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina



Accións de Cooperación para o Desenvolvemento no ámbito da innovación - AECID

Estado: Aberta
Resume:

A presente convocatoria ten como obxecto o financiamento de:
1. Accións de innovación, que aborden desafíos sociais, económicos, ambientais e de desenvolvemento da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.
2. Accións de coñecemento no ámbito da innovación.

O número de propostas por entidade, como líder ou como integrante dunha agrupación, baixo as fórmulas de agrupación, contratación ou subcontratación, non poderá ser superior a dúas para as accións de innovación, e unha para as accións de coñecemento. En caso de que varios investigadores estivesen interesados, sería necesaria unha selección previa. Por este motivo, establécese un prazo interno ata o 16 de maio, ás 14:00h, para indicarnos o seu interese mediante unha DECLARACIÓN DE INTERESE que deberá cumprimentar e enviar á dirección investigacion@usc.es. A presentación das solicitudes realizaranse por medios electrónicos desde o cartafol do cidadán da AECID da Sede electrónica da AECID (www.aecid.gob.es).

O prazo de presentación das solicitudes en sede electrónica é o 29 de maio e presentaranse dende esta oficina. Achéganse as plantillas de solicitude para cada modalidade (plantilla accións / plantilla actividades).

Poderán ser beneficiarios as agrupacións sen personalidade xurídica integradas por persoas xurídicas pertencentes ás seguintes tipoloxías:
a) Sector privado empresarial: empresas, entidades de economía social recollidas no artigo 5.1 da Lei 5/2011, do 29 de marzo de Economía Social (fóra de fundacións), e que estean acreditadas mediante a súa inclusión no Catálogo de entidades de economía social.
b) Entidades do Sector social: Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (en diante ONGD) rexistradas no Rexistro de ONGD adscrito á AECID na data de publicación desta convocatoria.
c) Entidades do ámbito académico e da investigación: universidades, fundacións universitarias, centros de investigación e outros análogos, tanto públicos como privados.

Co obxecto de promover o traballo en rede e en alianza, as agrupacións deberán estar conformadas, polo menos, por dúas entidades de tipoloxía distinta para o caso das accións de innovación.

Non se considerarán as propostas presentadas por unha persoa xurídica de forma individual nin por agrupacións que non cumpran as condicións descritas na presente base. No suposto das accións de coñecemento, non será necesaria a súa presentación en agrupación, aínda que se ponderará a súa presentación en alianzas multiactor na fase de valoración respecto ao criterio de valoración indicado no apartado 1.d) da presente resolución.

Subvención:br> o Para as accións de innovación financiarase o 80% do custo total da proposta, sendo necesaria a achega doutros fondos por un mínimo do 20 por 100 sobre o importe total.
o Para as accións de coñecemento financiarase o 100% do custo total da proposta.


Entidade Convocante: Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e de Cooperación
Publicado en: Boletín Oficial do Estado
Prazo: 29/05/2024
Ligazón de interese: Abrir páxina


Vicerreitoría de Política Científica | imaisd@usc.gal | Contacto