Xestións On-Line | |
|
Produción Científica
NovidadesEsta sección recolle as últimas convocatorias dadas de alta na guía, pode utilizar a botoneira da esquerda para localizar o resto de convocatorias. Contratos laborais Convocatoria Pública Ordinaria 21/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 29/11/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Convocatoria Pública Ordinaria Urxente 22/2024 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Pechada Resume: O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza. Entidade Convocante: Universidade de Santiago de Compostela Publicado en: Outros Prazo: 02/12/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
CITMAga-OT-08/2024: 1 contrato como investigador/a colaborador/a
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Modelización matemática e simulación numérica dun forno metalúrxico”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: realizar os traballos de investigación para o desenvolvemento dun xemelgo dixital dun forno utilizado na metalurxia. As funcións centraríanse en definir un modelo matemático e implementalo nun código de CFD, utilizando para iso Ansys Fluent. De forma máis precisa, incluirase un modelo de transferencia de calor con reaccións químicas e cambio de fase. Entidade Convocante: Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) Publicado en: Outros Prazo: 10/12/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Outras Accións Acelerador de Transferencia 2024
Estado: Aberta Estado: Pechada Resume: O programa “Acelerador de Transferencia”, promovido pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC, e financiado polo Banco Santander, ten coma obxectivo facilitar a transferencia de resultados de investigación, xerados polos grupos de investigación das áreas de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura da USC ao mercado. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 05/12/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
Premios XI Premio Julián Francisco Suárez Freire para mozas e mozos investigadores patrocinado por BIDAFARMA e COFANO
Estado: Aberta Resume: A Real Academia de Farmacia de Galicia, convoca o Premio Julián Francisco Suárez Freire para investigadores nados con posterioridade ao 31 de decembro de 1988 que teñan publicado, como primeiros asinantes, un traballo orixinal realizado total o parcialmente nunha institución galega, sobre un tema relacionado co medicamento desde as súas fases temperás de I+D á cadea de distribución. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 31/12/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
V premio PERFECTO FEIJÓO da Real Academia de Farmacia de Galicia
Estado: Aberta Resume: A Real Academia de Farmacia de Galicia, convoca o Premio Perfecto Feijóo coa finalidade de recoñecer as iniciativas e actividades científicas, sanitarias ou culturais, que teñan contribuído a salientar a imaxe e a consideración social da farmacia galega. Entidade Convocante: Agencia Estatal de Investigación Publicado en: Outros Prazo: 31/12/2024 Ligazón de interese: Abrir páxina
IV Premio á Mellor Tese Doutoral en Humanidades Dixitais da Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas-Fundación BBVA
Estado: Aberta Resume: A HDH ten entre os seus obxectivos desenvolver instrumentos que fomenten unha investigación innovadora e de calidade no ámbito das Humanidades Dixitais. Unha finalidade complementaria co impulso da investigación científica e a creación cultural no que a Fundación BBVA centra a súa actividade. Entidade Convocante: Fundación BBVA Publicado en: Outros Prazo: 18/02/2025 Ligazón de interese: Abrir páxina
Proxectos AECC Innova 2025
Estado: Aberta Resume: O obxectivo de AECC INNOVA é apoiar proxectos de I+D+i con alto potencial de transferencia de resultados desenvoltos nunha entidade pública ou privada, sen ánimo de lucro e capacitada para a investigación científica en España para achegar ao paciente os resultados de investigación. Entidade Convocante: Outras Publicado en: Outros Prazo: 06/02/2025 Ligazón de interese: Abrir páxina
|