AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS E OUTRAS ACCIÓNS DE FOMENTO NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (SUG)
Redistribución das anualidades e modificación dos prazos de xustificación en diversas convocatorias das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)
Publicado: 29/06/2020
ORDE do 12 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se redistribúen as anualidades e se modifican os prazos de xustificación en diversas convocatorias de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19.