A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) da cal e socia a USC, busca proxectos innovadores de emprendemento para formar parte da súa V Edición. A convocatoria de presentación de proxectos permanecerá aberta ata o 20 de decembro ás 14.00 horas na web da aceleradora.
Das propostas presentadas a esta convocatoria seleccionaranse as que mellor dean resposta aos retos da industria alimentaria galega, tanto do ámbito nacional coma internacional. En concreto, escolleranse ata dez iniciativas para o seu programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración.
BFFood ofrece acceso a programas de coaching, formación especializada coordinada pola USC, infraestructuras científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiamento directo e unha rede de networking no ecosistema de innovación alimentario, entre outros beneficios
Cada proxecto seleccionado contará coa mentoría específica dunha ou máis das 22 empresas tractoras de BFFood. Estas ocuparanse de conducir a súa evolución e guialos no seu desenvolvemento, facilitando o aliñamento da proposta de valor coa resolución do reto.
Infoday
Para presentar esta quinta edición, dar a coñecer os beneficios asociados a participar na BFFood e resolver todas as dúbidas ao respecto dos programas de apoio que ofrece a aceleradora e do proceso para participar, Clusaga e FEUGA organizan o 4 de novembro as 10.00 horas en FEUGA o Infoday.
Tes toda a información na ligazón: https://bffood.gal/bases
|