Espérase que as novas convocatorias do novo Programa Marco da UE (Horizon Europe) abran ao inicio do ano 2021. En concreto, no que respecta ás convocatorias 2021 das axudas xestionadas polo ERC (European Research Council), as datas provisorias de peche das distintas modalidades individuais son as seguintes: StG (09/03/2021), CoG (20/04/2021), AdG (31/08/2021) e PoC (convocatoria aberta con peches en 16/03/2021, 17/06/2021 e 20/10/2021).
Lembramos que o cambio máis significativo con respecto a anteriores convocatorias do ERC céntrase nas axudas AdG para as que o proceso de avaliación no Horizon Europe será en dúas fases de xeito que as persoas candidatas que superaran a Fase 1 terán que "presentar" o seu proxecto ante o panel correspondente na Fase 2.
Informamos igualmente que o Plan Estatal abriu, dentro das Accións de Dinamización – Europa Investigación 2020, unha convocatoria (enlace) para a solicitude de axudas dirixidas á elaboración e presentación de propostas coordinadas (de até 15.000 eur) en distintas prioridades do Programa Marco, incluíndo tamén axudas (de até 10.000 Eur) a posibles candidatos/as que vaina presentar unha proposta nas convocatorias individuais do ERC.
Máis información
Santiago de Compostela, 06 de xuño de 2020 Vicerreitoría de Investigación e Innovación |