Convocatoria de axudas para o uso das infraestruturas de investigación 2021
Publicado: 26/03/2021
Esta convocatoria interna ten por obxecto facilitar o acceso aos servizos de uso xeral dependentes da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, tanto nas Unidades da Área de Infraestruturas de Investigación como na Rede de Estacións Biolóxicas (REBUSC), a aqueles grupos de investigación que manteñan unha actividade investigadora acreditada e non dispoñan de financiamento na actualidade.