USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores
Portal da Investigación

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador

Outros
Programas propios de investigación
Persoal investigador e de apoio á investigación: a reforma laboral
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Autorización de permisos para a asistencia a congresos, xornadas, etc do persoal contratado con cargo a actividades, proxectos de investigación e programas de recursos humanos
NORMATIVA
Acordos Transformativos (AT)
Declaración Institucional de Medidas Antifraude
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Código de Boas Prácticas na Investigación
Acordo do 8/03/2023 sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Modificación do acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da Universidade de Santiago de Compostela
Retribucións para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
PROGRAMA PRINCIPIA-GAIN 2021
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Data límite presentación propostas convocatoria 7/2024 (12/04/2024)
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i (texto consolidado)
Modificación do Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións
Novas
CONVOCATORIA ABERTA. V EDICIÓN DE BFFOOD
V Edición de BFFood, A industria alimentaria galega busca solucións innovadoras de emprendemento
Publicado: 28/10/2022

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) da cal e socia a USC, busca proxectos innovadores de emprendemento para formar parte da súa V Edición. A convocatoria de presentación de proxectos permanecerá aberta ata o 20 de decembro ás 14.00 horas na web da aceleradora.

Das propostas presentadas a esta convocatoria seleccionaranse as que mellor dean resposta aos retos da industria alimentaria galega, tanto do ámbito nacional coma internacional. En concreto, escolleranse ata dez iniciativas para o seu programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración.

BFFood ofrece acceso a programas de coaching, formación especializada coordinada pola USC, infraestructuras científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiamento directo e unha rede de networking no ecosistema de innovación alimentario, entre outros beneficios

Cada proxecto seleccionado contará coa mentoría específica dunha ou máis das 22 empresas tractoras de BFFood. Estas ocuparanse de conducir a súa evolución e guialos no seu desenvolvemento, facilitando o aliñamento da proposta de valor coa resolución do reto.

Infoday

Para presentar esta quinta edición, dar a coñecer os beneficios asociados a participar na BFFood e resolver todas as dúbidas ao respecto dos programas de apoio que ofrece a aceleradora e do proceso para participar, Clusaga e FEUGA organizan o 4 de novembro as 10.00 horas en FEUGA o Infoday.

Tes toda a información na ligazón: https://bffood.gal/bases


<< Outros avisos

Vicerreitoría de Política Científica | imaisd@usc.gal | Contacto