As axudas teñen por obxecto o financiamento de proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración entre empresas e organismos de investigación, a fin de avanzar na incorporación de coñecementos e resultados científico-técnicos que permitan a validación e o desenvolvemento precompetitivo de novas tecnolóxicas, produtos e servizos, creando o contexto adecuado que estimule a xeración dunha masa crítica en I+D+i de carácter interdisciplinar para a súa aplicación, transferencia, procura de solucións e xeración de resultados tanto nas traxectorias tecnolóxicas e de innovación das empresas como no mercado.
O enchemento e presentación telemática da solicitude deberá realizarse obrigatoriamente a través dos medios electrónicos habilitados para iso na sede electrónica do Ministerio de Ciencia e Innovación.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 13 de febreiro de 2023 e finalizará o día 7 de marzo de 2023 ás 14:00 horas (hora peninsular española) .
Ver convocatoria BOE
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022 Vicerreitoría de Política Científica |