USC » Investigación » Avisos
Recursos de Investigación
Buscador de Grupos de Investigación
Buscador de investigadores

Servizos á Investigación
Servizo ao personal investigador

Outros
Rexistro de Investigadores/as Visitantes
Formularios, normativas
HRS4R - Estratexia de Recursos Humanos para Investigadores
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Preguntas frecuentes (FAQs)
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Destacados
Ofertas de Emprego
Contratos de investigación da USC
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2020
Regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de erros do regulamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Calculadora de contratos
Prensa
Avisos
Eventos

Xestións On-Line
Certificacións e acreditacións obtidas pola USCCertificacións e acreditacións
Novas
SERVIZO DE XESTIÓN DE ACTIVIDADES DE I+D
Servizo de Xestión de Actividades de I+D operativo
Publicado: 20/03/2020

Pese as circunstancias excepcionais que se están a producir, o Servizo de Xestión de Actividades de I+D segue operativo apoiado nas ferramentas de teletraballo que temos dispoñibles. Por esta razón, os canles habituais de comunicación permanecerán abertos, agás o teléfono.

Como ben sabedes, o decreto de estado de Alarma establece a suspensión dos prazos administrativos e isto afecta tanto ás solicitudes, requerimentos, expedientes de reintegros, xustificacións, prescripcións e caducidade dos procedementos en curso. Sen embargo nada impide que se sigan facendo os tramites e tarefas derivadas das xustificacións activas, particularmente da Anualidade 2019 dos proxectos estatais. De feito incluso é desexable aproveitar este período para ir avanzando nestas tarefas en previsión da acumulación que poida producirse cando volvamos a unha situación normal.

Como dicimos, con carácter xeral, os prazos administrativos están suspendidos pero lamentablemente esta suspensión non afecta á vixencia das axudas activas neste momento. A Axencia Estatal de Investigación publicou tanto na súa web como a través da redes sociales o efecto desta suspensión que podedes consultar aquí

Como é lóxico os proxectos máis perxudicados son os que teñan un prazo de remate nas vindeiras semanas. Non existe unha solución global nin común para todos estes casos xa que en moitas unidades administrativas da universidade os servicios que se están prestando son de mínimos.

Informamos que para calquera incidencia temos abertas as seguintes canles de comunicación:

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2020
Vicerreitoría de Investigación e Innovación


<< Outros avisos

Vicerreitoría de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contacto