USC » Research » Notices
Research Resources
Research Groups
USC Researchers

Investigation Service
Services to personal researchers

Others
Registro de Investigadores/as Visitantes
Forms, rules,...
HRS4R - Human Resources Strategy for Researchers
Retribucións mínimas para a contratación de persoal con cargo a actividades de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I)
Frequently Asked Questions (FAQs)
Declaración institucional da USC sobre o uso de animais de experimentación
Procedemento de presentación de solicitudes Permisos persoal contratado

Relevant information
Job opportunities
USC Research Contracts
Calendario de Convocatorias Públicas de Selección de Persoal 2020
Reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Corrección de errores del reglamento de selección de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+i
Contracts calculator
Press releases
Notices
Events

Formalities On-Line
Certifications and accreditations obtained by the USCCertifications and accreditations
News
VER CONFERENCIA-COLOQUIO
Encontro con José Manuel Fernández Labastida, Director de Xestión Científica do Consello Europeo de Investigación (European Research Council-ERC)
Published: 07/03/2019

Poden ver no seguinte enlace http://tv.usc.es/serial/index/id/636 a conferencia-coloquio celebrada o 1 de marzo con José Manuel Fernández Labastida, Director do Departamento de Xestión Científica do Consello Europeo de Investigación, na que presentou os obxectivos e programas da UE en materia de Investigación e Ciencia Excelente.

O European Research Council foi creado pola Unión Europea fai 12 anos para impulsar a ciencia máis innovadora en todos os ámbitos científicos co fin de mellorar o carácter dinámico, a creatividade e a excelencia da investigación europea nas fronteiras do coñecemento, así como axudar a Europa a manter e atraer ás mellores persoas no eido da investigación de calquera nacionalidade. As axudas do ERC son actualmente recoñecidas como unha garantía de excelencia dentro da comunidade científica, e desde o ano 2007 seleccionou ao redor de 9.000 proxectos nos que, na actualidade, entre persoal posdoutoral, predoutoral e de apoio, hai máis de 50.000 persoas traballando e formándose en investigación. Entre os/as beneficiarios/as hai máis de 400 investigadores españois de primeiro nivel  que teñen recibido perto de 700 millóns de euros de financiación dos programas do ERC.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019
Vicerreitoría de Investigación e Innovación


<< Other notices

Vicerreitorado de investigación e innovación | imaisd@usc.es | Contact