Formalities On-Line |  |
|
Press releases related to research in the USC--
Press releases | | Un cento de docentes asiáticos recibe formación da USC en materia de Big Data e Intelixencia Artificial | Published: 21/6/2022 | Os profesores da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC, David E. Losada Carril e Tomás Fernández Pena, acaban de impartir un curso intensivo en materia de Big Data e Intelixencia Artificial (IA) na International Information Technology University (IITU), en Casaquistán, ante máis de medio cento de docentes dese país. O obxectivo do proxecto Erasmus + Elba, dotado con preto dun millón de euros e no que se integra esta actividade formativa, é profundar no desenvolvemento de novas competencias en tecnoloxías innovadoras no campo da IA que aborda o tratamento de inxentes cantidades de datos.
Máis información |
| | A USC, entre as universidades españolas con maior rendemento en I+D, taxa de éxito académico e transferencia | Published: 16/6/2022 | A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense entre as universidades españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licencias, publicacións internacionais con elevado nivel de citacións e publicacións con empresas, así como en captación e liquidación de fondos, segundo se deprende do último ránking sobre as universidades españolas que vén de publicar a Fundación CYD (Coñecemento e Desenvolvemento) e no que se recollen datos do conxunto de España, por comunidades e universidades. De feito, na elaboración deste estudo está incluídos datos de 79 universidades públicas e privadas ao tempo que se analizan resultados de 28 ámbitos de coñecemento e 3.052 titulacións.
Máis información |
| | A USC mantense entre as mellores universidades do mundo, segundo o QS World University Ranking 2023 | Published: 10/6/2022 | O QS World University Ranking 2023 acaba de situar a USC no chanzo 751-800 dunha listaxe integrada por 1.422 universidades de todo o mundo e logo de avaliar un total de 2.462 institucións académicas. Ademais, a de Santiago é unha das 31 universidades de España que lograron entrar nesta clasificación. De todos os aspectos analizados, o eido relativo ás redes internacionais de investigación, seguido da reputación académica, son os sectores nos que a USC obtén unha mellor cualificación.
Máis información |
| | Daniel Marcos consegue unha das sete bolsas Fulbright a nivel estatal para estadías no estranxeiro | Published: 10/6/2022 | O estudante de doutoramento do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), Daniel Marcos, que desenvolve a súa tese no grupo do profesor Jose Luis Mascareñas, acaba de recibir unha bolsa Fulbright para realizar a súa investigación predoutoral en universidades ou centros de investigación de Estados Unidos. Daniel Marcos foi un dos investigadores seleccionados por este programa que tan só concede sete bolsas a nivel estatal.
Máis información |
|
|
News Search
|
In the last six years information about more than 300 porjects and research lines has been disseminated. This meant more than 800 references in different media.
The original press releases which originated this information in the newspapers can be looked up in the following search engine:
|
|
Distribution list | The vicechancellorship sends information of interest for researchers through the USC-INVESTIGACION distribution list. Help and support
This Web also has at your disposal a RSS channel where you can find the lastest updates.
|
|